Skip to Content

Imatxina na rúa

 

O sábado 9 de novembro, un grupo de alumnos/as de1º ESO e 2º ESO participou na primeira edición de Imatxina na rúa.

A Fundación Escola Rosalía organizou esta actividade onde pequenos e maiores puideron participar en seis obradoiros nos que podían xogar co tangram, pentaminós, hexamantes, cubo soma; poñer a proba as súas estratexias para a resolución de distintos retos, ou participar na construción das cúpulas de Leonardo e sólidos platónicos.

A cita foi no centro comercial A Laxe en Vigo. Moitas grazas e parabéns! a tod@s aqueles que fixéchedes posible esta actividade.



page | by Dr. Radut