Skip to Content

Galiciencia 2017

Presentación Galiciencia. Ourense 2017

O alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de bacharelato está participando na Galiciencia 2017 en Ourense, co proxecto de investigación "Radiografía dun cigarro" coordinado pola profesora Natalia Fernández.


 O tabaquismo segundo a OMS é unha enfermidade aditiva crónica. A capacidade do tabaco para xerar dependencia débese á nicotina, que activa funcións cerebrais no sistema pracer/recompensa do cerebro. Hoxe son coñecidos os efectos do tabaco sobre o organismo: provoca importantes patoloxías agudas e crónicas: pulmonares, coronarias, cerebrovasculares, úlceras, cancro, etc. Aínda así, moitas persoas comezan a fumar adquirindo o hábito. Cada cigarro aumenta a dependencia e prexudica seriamente a saúde. Por que o fan? Con este traballo investigamos como funciona o ap. respiratorio,as sustancias que compoñen o fume do tabaco, os efectos prexudiciais para a saúde, os beneficios de non fumar, axudándonos a tomar decisións libres e a resistir a presión social que favorece o seu consumo.


 A adolescencia é unha etapa fundamental para tomar conciencia dos hábitos de vida saúdables, xa que os cambios  cerebrais  que se producen no cerebro ( na codia pre frontal) nesta etapa da vida, son moi importantes e están relacionados coa capacidade de tomar decisións. Deixar de fumar ou non comezar co hábito, é unha decisión que favorece moito á saúde. Unha información axeitada sobre os compoñentes e as consecuencias do tabaco é fundamental para previr o tabaquismo e axudará  a tomar decisións libres e  a resistir a presión social que potencia seu consumo.

Algunhas imaxes do evento:

Galiciencia3Galiciencia3Galiciencia4Galiciencia4galiciencia5galiciencia5

Galiciencia2Galiciencia2

Premios GalicienciaPremios Galiciencia



book | by Dr. Radut