Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Bioloxía e Xeoloxía

REGUEIFIÑAS DE CIENCIA

 

O Equipo formado por  Sara I. e Lúa D. de 4º ESO do noso centro resultou gañador e foi convidado a participar nu debate final en Santiago de Compostela co outro grupo vencedor do IES A Paralaia (Moaña).

Alaricus Scientificus

O alumnado da materia de Bioloxía e Xeoloxía xunto ca súa profesora Guiomar, teñen unha canle Alaricus Scientíficus onde publican habitualmente vídeos. Un gran traballo!!! 

As lambetadas axudan a que coñezamos a dobre hélice do ADN

O alumnado de 4º ESO realizou maquetas da molécula da vida con lambetadas. Nestes modelos comestibles cada nucleótido inclúe: unha pentosa (desoxirribosa), ácido fosfórico, unha base nitroxenada (adenina, timina, citosina ou guanina). Ademais, teñen en conta a complementariedade de bases: en fronte dunha adenina, vai unha timina, e en fronte dunha citosina, unha guanina. A continuación aparece a dobre hélice realizada por David Rivero Fernández.

Depurando auga no fogar

O alumnado de 1º ESO quere axudarnos a comprender a depuración de augas residuais cos seus deseños experimentais.

 

Música e biomoléculas

Érika Conde e Miguel Cid compuxeron unha canción sobre as propiedades e a clasificación dos lípidos para axudar ao alumnado de 2º de bacharelato a coñecer estas biomoléculas dun xeito divertido e melodioso. A música é unha ferramenta moi útil para asimilar contidos científicos.

De que está feita a miña aldea ou vila?

Este curso, por segundo ano consecutivo, o alumnado de 1º ESO descóbrenos os minerais e as rochas utilizados en distintas construcións das comarcas de Allariz e Xunqueira de Ambia. Neste vídeo, Lía Reguenga fálanos do santuario de San Bieito de Allariz.

Pódense ver outros vídeos, premendo aqui.

Maquetas de cromosomas no ciclo celular

Alumnado de 4º de ESO realizou maquetas de cromosomas en tres fases do ciclo celular (interfase, metafase e anafase), utlizando un lapis, cable e peches metálicos automáticos. Estes modelos axudan a que comprendamos como se organiza o noso material xenético.

Excursión ás Illas Cíes

Illas Cíes

O martes, 8 de xuño, os alumnos e as alumnas de 3º ESO e de 1ºBAC realizaron unha visita guiada ás Illas Cíes, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración coas titoras de 3º ESO. 

A metamorfose na aula

Os vermes de seda. Imaxe de Enma Fernández Domínguez.

Imaxe de Enma Fernández Domínguez (1º ESO A)

O alumnado de 1º ESO está seguindo o ciclo de vida dos vermes de seda nas súas aulas.

Grazas ao profesor Alfredo Juan Conde Mariñas, do Departamento de Lingua e Literatura Castelá. que trouxo tres caixas con vermes de seda e follas de moreira (Morus alba), unha para cada grupo.

O TIC-TAC da vida ou como funciona o teu reloxo biolóxico

Todo na vida é rítmico. No ser humano e nos animais percibímolo na actividade, no soño, nas células sanguíneas, no metabolismo, etc.

O alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha charla moi amena, na biblioteca do instituto, sobre o noso reloxo biolóxico, impartida polo ponente Jesús Manuel Míguez Miramonte, vicedecano da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Achégate á biblioteca e respira ciencia.

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare