Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Estratexía TIC para docencia online como apoio
Debido á actual situación vémonos na obriga de innovar e aproveitar todas as ferramentas dispoñibeis para poder exercer a nosa tarefa docente cos seguintes obxectivos:
- Ser capaces de transmitir coñecementos do currículo a TODO o alumnado e que ningún se vexa irremediablemente prexudicado.
- Uniformizar as vías de comunicación co alumnado.
- Adaptarnos ás circunstancias do noso alumnado de xeito flexible facendo unha atención o máis personalizada posible. Tentaremos repatir o máximo número de ordenadores que poidamos e como último recurso haberá que comunicarse vía telefónica.
- Tendo en conta que non todo o alumnado dispón de impresora evitar todo o posible o material imprimible.
- Aproveitar os recursos multimedia e explicacións en Youtube ou outras plataformas xa existentes para evitar crear nós os nosos propios e subilos.
G SUIT FOR EDUCATION
Pensamos que deberíamos aproveitar as nosas fortalezas, temos experiencia no manexo de ferramentas de Google, tales como drive ou gmail, e moitos de vós indicastes que tiñades experiencia con Classroom. É por isto que decidimos dotar a todo o profesorado e alumnado do centro dun conxunto de ferramentas denominado G suit for education que contén:
Unha conta de correo que xestionamos directamente desde o centro (podemos restaurar contrasinais, etcétera), co formato nome.apelido1.apelido2@iesallariz.gal no caso do alumnado e nome.apelido@iesallariz.gal no caso do profesorado.
Classroom de google, nesta aplicación poderedes crear cursos e introducir facilmente ao alumnado (ao estar xa rexistrado no iesallariz.gal) en cada curso. Nesta aplicación podense inserir tarefas, partillar documentos, facer probas... e é de manexo moi intuitivo. Algúns dos compañeiros teñen experiencia, apoiadevos na súa experiencia e preguntade, preguntade e preguntade... non teñades medo a probar.
Un Drive, para gardar ficheiros. Neste espazo crease automaticamente unha carpeta para cada curso e permite partillar co alumnado dese curso ficheiros facilmente.
Tamén dispón de ferramentas de videoconferencia Meet, de chat hangout, de encerados virtuais, de edición de texto, de follas de cálculo, creación de blogs... e moitas outras ferramentas coas que podedes ir experimentando.
Como acceder?
Coa conta de correo nome.apelido@iesallariz.gal e o contrasinal que vos enviamos, pediravos que cambiedes o contrasinal a primeira vez que entredes (podedes poñer a mesma que usades noutras contas de gmail), nesta LIGAZÓN.
O alumnado pode acceder á Classroom e ao resto de ferramentas desde un ordenador conectado a internet, unha tablet ou incluso un teléfono móbil con acceso a Internet.
O profesorado que empregue a aula virtual poderá seguir usándoa.
A transmisión de tarefas a través da páxina web deixará de funcionar.
AULAS VIRTUAIS
Cada materia de cada curso debe contar cun curso na Aula Virtual do centro. Todo o profesorado ten permisos de creador de cursos en calquera curso. Pódese usar ligazóns entre actividades no Classroom e a Aula Virtual.
CISCO WEBEX
Webex é o servizo de videoconferencia que foi fornecido pola consellería, o seu funcionamento é moi sinxelo.