Proxecto Dragal
No IES Alfoz - Valadouro tivo lugar, o martes 20 de xaneiro de 2014, a conferencia a cargo da escritora Elena Gallego, autora da triloxía DRAGAL. A charla centrouse no 1º libro, A herdanza do Dragón que é o que están lendo os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, posto que forma parte do Proxecto Dragal, unha actividade cultural na que participan no presente curso once centros de toda Galicia.
Biblioteca do centro: Viraventos
Galeria de fotos, enlace
Felices Festas
Belén realizado con "corchos" de botellas polo alumnado de Relixión Católica do IES (1º, 2º, 3º e 4º ESO)
Operación Kilo 2014
Grazas a toda a comunidade educativa por colaborar coa operación Kilo 2014 a favor do Banco de alimentos de Viveiro.
O noso centro colaborou con 55 Kilos de solidaridade.
Festival de Cine Internacional de Gijón
O alumnado do IES Alfoz - Valadouro na Laboral de Gijón no Festival Internacional de Cine de Gijón.
Visita a Basílica de San Martiño. Foz.
Enlace a páxina do album de Picassa de José Vázquez Peinó, profesor de Ciencias Sociais do centro, onde se poden ver as fotografías do alumnado na visita deste 8 de outubro de 2014 a Basílica de San Martiño, Foz.
Si me voy
O alumnado de 4º ESO de informática acaban de facer este montaxe co xogo dos vasos realizado no entroido e organizado polo departamento de Educación Física.
Graffiti no IES
A asociación cultural Vella escola de Noia (A Coruña) impartiu hoxe, mércores 28 de maio de 2014, durante dúas horas, un obradoiro dirixido ós alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO centrado no RAP e no Graffiti.
A iniciativa, organizada polo Departamento de Educación Plástica e Visual, ten como obxectivos potenciar as habilidades artísticas dos rapaces e rapazas mediante o libre dereito á expresión e achegarlles o mundo da arte urbana a través da técnica do spray.
Gañadores Fase Autonómica. Concurso Escolar Once
O alumnado de 4º da ESO acaba de proclamarse gañador da Fase Autonómica no concurso escolar da ONCE coa presentación dun vídeo sobre o día da ilusión, na categoría C.
Existen tres categorías, e os gañadores provinciais nas diferentes categorías son:
Categoría A: 3º Primaria. CEIP de Cervo.
Categoría B: 5º Primaria. CEIP Otero Pedrayo.
Categoría C: 4º ESO. IES Alfoz - Valadouro. (Gañador Fase Autonómica e pasa a Fase Nacional)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- seguinte ›
- última »