O Mundo que Queremos

O alumnado de 4º de ESO da materia de Ética  participa na nova edición de O Mundo que Queremos que é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, promovida pola Consellería de Educación. Con este proxecto preténdese explorar o potencial educativo da comunicación a través da interacción entre os centros educativos galegos participantes e iniciativas de cooperación internacional que a Xunta de Galicia apoia en países empobrecidos a través das ONGD. O fío temático do proxecto está tecido polos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que se presentarán nas aulas a través de talleres, obradoiros de radio e fotografía e representacións do Teatro da Oprimida. Ao noso centro tocoulle traballar no ODM 4 que é o de reducir a mortalidade infantil

Todo o proceso de intercambio entre as diferentes realidades galegas e do Sur culminará na visita aos institutos de persoas dos países do Sur vinculadas á proxectos de cooperación para o desenvolvemento, e un encontro final intercentros no que todo o alumnado participante gozará dun concerto e amosará os traballos radiofónicos e fotográficos realizados durante estes meses. Este encontro final será o día 17 de abril en Santiago de Compostela

Se ben este proxecto tivo o respaldo das entidades que conforman a Coordinadora Galega de ONGD son sete as organizacións que se atopan detrás da segunda edición de Cooperación galega: O Mundo o que Queremos: Solidariedade Internacional de Galicia, Educo, Mundo Cooperante, Agareso, ACPP, Tempo de Loaira e o Grupo de Teatro da Oprimida.

Como anticipo do noso traballo deixámosvos o enlace ao blog  que fixemos para este proxecto.

Inicio procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Curso 2015 / 2016

Segundo a Normativa reguladora do procedemento de admisión "Orde do 12 de marzo de 2013 polo que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educacion secundaria obligatora e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación" (DOG, 15 de marzo de 2013) o procedemento para a RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO, así coma a ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS realizar´´ase nos seguintes PRAZOS:

RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO, do 1 ao 15 de febreiro, ANEXO I

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, do 1 ao 20 de marzo, ANEXO II

 

 

Enlace a p´´axina da Xunta

Lucia Vila

Obradoiro con Lucía Vila no que ilustraron lendas da comarca recollidas polo alumnado.

Enlace o album das fotos.

 

Cronica3 

Proxecto Dragal

No IES Alfoz - Valadouro tivo lugar, o martes 20 de xaneiro de 2014, a conferencia a cargo da escritora Elena Gallego, autora da triloxía DRAGAL. A charla centrouse no 1º libro, A herdanza do Dragón que é o que están lendo os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, posto que forma parte do Proxecto Dragal, unha actividade cultural na que participan no presente curso once centros de toda Galicia.

Biblioteca do centro: Viraventos

Galeria de fotos, enlace 

Felices Festas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Belén realizado con "corchos" de botellas polo alumnado de Relixión Católica do IES (1º, 2º, 3º e 4º ESO)

 

Operación Kilo 2014

Grazas a toda a comunidade educativa por colaborar coa operación Kilo 2014 a favor do Banco de alimentos de Viveiro.

O noso centro colaborou con 55 Kilos de solidaridade.

Festival de Cine Internacional de Gijón

O alumnado do IES Alfoz - Valadouro na Laboral de Gijón no Festival Internacional de Cine de Gijón.

Enlace

Visita a Basílica de San Martiño. Foz.

Enlace a páxina do album de Picassa de José Vázquez Peinó, profesor de Ciencias Sociais do centro, onde se poden ver as fotografías do alumnado na visita deste 8 de outubro de 2014 a Basílica de San Martiño, Foz.

ENLACE

Basílica de San Martiño

Distribuir contido