Congratulations, Paula! See you soon!

Estamos de noraboa no IES, xa que Paula López Cao, alumna de 4º da ESO, conseguiu unha das 80 becas de Fundación Amancio Ortega para ir cursar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá. (Xa hai dous anos quedara de reserva nº 15 a alumna Andrea Freire Longarela, tamén de 4º ESO).

A nosa alumna marchará en agosto a algunha vila norteamericana onde vivirá unha experiencia única e inesquecible.

Dende a comunidade educativa desexámoslle moita sorte nesta aventura!

Paula López Cao

Voz de Galicia

25 N. Día internacional contra a violencia de xénero

Celebración no centro do día contra a violencia de xénero.

Visita as Covas do Rei Cintolo

O alumnado de 4º ESO visitou a Cova do Rei Cintolo en Mondoñedo para aprender un pouco máis de xeoloxía da zona.

A visita realizámola con Abel, do concello de Mondoñedo, e Miguel bombero e espeleólogo. Entre os dous fixeron que a visita fora moi amena e interesante.

Imaxe do grupo de 4º antes de empezar a visita.

 

Visita á Fundacion TIC

Visita didáctica do alumnado de terceiro e cuarto da ESO á Fundación TIC de Lugo Enlace as fotos e ao Ticodiario

Na visita fixeron un Ticodiario do que aquí tedes o resultado.

Novas da biblioteca do centro

Nova entrada no blogue da biblioteca do centro (Viraventos).

 

Mediterraneamos

Enlace fotos 1º e 2º ESO

Enlace fotos 3º e 4º ESO

mediterraneamos

Curso 2015-16 Reunión Inicial pais - titores

O luns 19 de outubro ás 16:00 h convócase aos pais e nais do alumnado do noso Centro a unha reunión cos titores dos catro cursos da ESO. Pola importancia dos temas a tratar, agradeceríamos a súa presenza.

 

Intercambio entre Cariño e Alfoz - Valadouro

Durante o curso 2014 - 2015 realizuse un intercambio epistelar entre o alumnado de 3º da ESO dos IES de Cariño e Alfoz - Valadouro.

O pasado 1 de xuño o alumnado do IES Alfoz - Valadouro foi a visitar Cariño, e este luns 8 de xuño o alumnado de Cariño visitou o noso centro e a nosa zona.

 

Distribuir contido