Semana de Maruja Mallo

Con motivo da celebración da semana de Maruja Mallo, iniciativa proposta pola deputación provincial de Lugo, os alumnos de 1º de ESO realizaron cómics a partir de cadros da artista e os de 4º de ESO fixeron un mural nas gradas do instituto ca técnica do estarcido. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.

 

 enlace

Participación no programa Mares de Cultura

Podedes acceder á páxina de Mares de Cultura no seguinte enlace para ver a actividade desenvolvida co alumnado de primeiro da ESO en Viveiro e San Cibrao.

enlace

17 de maio - Día internacional contra a homofobia e a transfobia

O alumnado de 3º de ESO participante no programa Quérote+ fai LIKE pola diversidade.

 

 

 

Días non lectivos (15 e 16 de maio)

O 15 e o 16 de maio son os días non lectivos elixidos polo centro, como o 17 é o Día das Letras Galegas ata o xoves 18 non nos incorporaremos ás clases.

Semana das Artes Plásticas no CENIMA de Foz

Con motivo da Semana das Artes Plásticas, este xoves 27 de abril acudiron todos os cursos á exposición "Ser visibles" no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) en Foz. Este ano foi adicado a once mulleres artistas da comarca. 

 

Fotos

Mímica

Neste vídeo de mímica  podedes ver @s alum@s de Teatro de primeiro e segundo comunicándose a través da expresión corporal e os xestos. Foron dirixidos pola súa profesora Paz Quiroga.

Viaxe a Ferrol

O pasado mércores 19 de abril os cursos de 2º, 3º e 4º de ESO viaxaron a Ferrol para ver a obra de teatro "La Celestina" e visitar o barrio de Canido onde poideron disfrutar das "Meninas" pintadas nas fachadas das casas. Alí foron guiados polo artista que tivo a iniciativa, explicou que grazas a ela e a aportación de moitos pintores o barrio pasou de non ter servizos a ter un gran peso na cidade. Na actualidade hai máis de 5.000 habitantes en Canido.

     

Enlace

Carreira "Quilómetros de solidariedade" e xogos populares

O último día antes das vacacións de Semana Santa fixéronse varias actividades deportivas:  a carreira "Quilómetros de solidariedade" coa que se recadaron  fondos a favor da ONG "Save the Children", xogos populares e a final de fútbol sala. Podedes ver un resumo dende aquí.

Fotos

Visita ao Museo Regal-Xunqueira

O 24 de marzo os alumnos de 3º e 4º visitaron o Museo Regal-Xunqueira de Viveiro. Ademáis de percorrer o museo realizaron varias pezas de cerámica nun obradoiro impartido polo artista Otero Regal.

 

      

Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016

Parabéns para Pablo Goás Pardiñas de terceiro!

Gañou o primeiro premio de Fotografía do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016 entregado o pasado 14 de marzo en Burela. Pablo presentara para o concurso unha imaxe con outra perspectiva da Torre de Pardo de Cela.

Lucía Carreiras de cuarto foi tamén unha d@s tres finalistas cunha orixinal imaxe do Sol.

Noraboa aos dous!

 


      A Voz de Galicia

 

                                                       

 

 

Distribuir contido