ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Ata o 7 de marzo está aberto o prazo para solicitar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. Podedes obter máis información no enlace www.edu.xunta.gal/portal/node/24182 .

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Co gallo do Día da Paz e baixo o lema “ Rustre a non violencia e cociñarás con eficiencia. Que ingrediente utilizas ti para cociñar a paz?”, o alumnado e outros membros da comunidade educativa participaron no recreo nunha actividade que consistía en escoller un ingrediente para cociñar entre todos a paz. 

   

 

Ao final do recreo conseguimos ter a receta para a paz que imos a poñer en practica.

 

VIAXE Á CORUÑA

Hoxe foi o último día de clase antes das vacacións de Nadal e celebrámolo viaxando á cidade da Coruña para, pola mañá, visitar as instalacións de "La Voz de Galicia" onde vimos a redacción do xornal, a sala de impresión e o museo e, pola tarde, puidemos patinar sobre xeo para despedir o ano disfrutando do deporte. Despedímonos ata o 8 de xaneiro!    

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Este Nadal, como vén sendo tradición nos últimos anos, o centro e todas as familias colaboramos coa campaña do Banco de Alimentos para axudar á xente necesitada. Recolléronse trinta e dous quilogramos de produtos.

Agradecemos a todos/as a solidariedade mostrada e aproveitamos para desexarlles un Bo e Feliz Nadal!

O IES ALFOZ-VALADOURO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano, o alumnado do centro respondeu á pregunta "que é a violencia de xénero para ti?" e, coas súas respostas, elaborouse o lazo representativo desta loita.

Podedes ver o vídeo dese momento facendo clic na imaxe.

Reunión FAMILIAS - TITORES

A reunión dos pais e nais cos titores de cada curso celebrarase o mércores 11 de outubro ás 19 horas.  

Obras de teatro de 1º e 2º de ESO

O último día do curso 2016/17 o alumnado da materia de Teatro de 1º e 2º de ESO deleitounos coa interpretación das obras "Pilleite Carapuchiña" e  "A consulta da doutora". Podedes velas dende aquí:

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS

O vindeiro martes 12 de setembro celebrarase unha reunión do equipo directivo e a orientadora coas familias, nela informaremos sobre o novo curso e atenderemos as dúbidas. O horario é o seguinte:

                             De 19 a 20 h - 1º e 2º de ESO

                             De 20 a 21 h - 3º e 4º de ESO

COMEZO DO CURSO 2017/18

As datas para facer a matrícula para o curso 2017/18 son:

                 - 6 de setembro de 10.30 a 13.30 h

                 - 7 de setembro de 9.30 a 13.30 h

A presentación cos titores será o venres 15 de setembro de 12.00 a 13.00 h (con autobús escolar). As clases comezarán o día 18 en horario normal.

Videoclips e parodias de anuncios

A finais deste curso graváronse varios vídeos na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual: en cuarto cada alumna/o realizou un videoclip e en terceiro fixeron un vídeo con parodias de anuncios de publicidade. Podedes velos nos seguintes enlaces:  

videoclips      

anuncios

Distribuir contido