Admisión ESO curso 2023-24: solicitudes do 1 do 20 marzo

O prazo de presentación de solicitude de admisión comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).

A solicitude (ED550B galego - ED550B castelán) presentarase preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365. Manual para as familias

O 25 de abril publicarase a través da aplicación informática (admisiónalumnado), a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido por curso, abrindo un prazo de 5 días hábiles para formular reclamacións.

A publicación das listaxes definitivas será o 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

Premios Entroido 2023

 

Fíxose entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de Entroido.

Noraboa aos premiados e premiadas e moitas grazas a todos os participantes.

 

  • Categoría individual: Irene Paz Blanco (1º ESO)
  • Categoría parella: Inés Martínez (2º ESO) e Paula Expósito (3ºESO)
  • Categoría grupo: alumnado de 3º ESO

 

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O Departamento de Ciencias organizou unha interesante actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Creouse un vídeo conmemorativo no que participan diferentes alumnas do noso centro e colaboran cinco mulleres relacionadas co mundo da Ciencia. No vídeo, estas mulleres dan o seu punto de vista e opinión sobre preguntas formuladas polas alumnas sobre a súa formación e profesión no mundo científico. Moitas grazas a todas as participantes. 

 

Podes ver o vídeo no seguinte enlace 

https://drive.google.com/file/d/1PkwCIQL2mwpl7NnszFJunkNmh2_qjf0O/view?usp=sharing

 

 

Semana de Entroido

A semana do 13 ao 17 de febreiro organízanse no centro "Os mandados do Meco". Ao longo da semana a nosa Meco Monchiña dirá un mandado para cada día. 

O venres 17 de febreiro a partir das 11 horas temos organizadas diferentes actividades para festexar a chegada de Don Carnal.

Conferencia "Rubia Gallega"

O pasado 3 de febreiro, o alumnado do IES Alfoz - Valadouro recibiu unha conferencia sobre a "Rubia Gallega". A charla celebrouse co motivo da IV Feira das Razas Autóctonas da Mariña, organizada polo Concello de O Valadouro. A conferencia foi impartida por unha veterinaria da asociación ACRUGA e a actividade foi organizada en colaboración co Concello de O Valadouro. 

Palestra-Obradoiro "Depuración naturais de augas residuais, construíndo humidais"

O pasado 17 de xaneiro o alumnado de 1º ESO recibiu unha interesante palestra-obradoiro sobre a depuración de augas de xeito natural. 

A actividade estivo organizada pola UDC, en colaboración coa Fundación Alcoa e enmárcase dentro do proxecto "Educando para a sustentabilidade: A Mariña ambiental"

Admisión alumnado de centros adscritos

O período de reserva de praza en centros adscritos está aberto ata o día 6 de febreiro.

 

Normativa admisión: ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Talleres de educación emocional

Ao longo das vindeiras semanas van a realizarse uns talleres de educación emocional para todo o alumnado do centro. Serán impartidos por Cristina Gonález (AlasRaíces), traballadora Social. 

Organiza o Concello de Alfoz.

 

25N.ACTO CONMEMORATIVO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Co gallo do 25N, o alumnado e profesorado do IES Alfoz – Valadouro organizamos, xunto co colexio de Alfoz, un acto commemorativo en contra da violencia de xénero. Consistiu nunha andaina desde o IES ata a Casa da Cultura do Concello de Alfoz. Alí había unha margarida xigante nun taboleiro. Un grupo de compañeiros e compañeiras foron arrincándolle pétalos, á vez que lían un manifesto que se titulaba “Preguntáchete algunha vez se esa persoa especial te quere ou non te quere?” Para finalizar o acto, o alumnado do colexio de Alfoz cantou unha canción de Rozalén titulada “La puerta violeta” e o director do Colexio, Adrián Suárez pechou o acto cunhas palabras en repulsa contra toda manifestación de violencia.

 Sara Otero Pérez e Noelia Paz Blanco (4ºESO)

 

VIDEOCONFERENCIA DE IGACIENCIA E FORMACIÓN DE SOGAMA

Co gallo do mes da Ciencia en Galego estamos a recibir no centro unha serie de videoconferencias organizadas por Igaciencia.

O pasado luns, 21 de novembro, tivemos a primeira videoconferencia titulada “Mergullámonos no océano do futuro?” impartida por Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º ESO quen recibiu información sobre o futuro do océano.

Ese mesmo día, o alumnado de 3º e 4º ESO, asistiu a unha formación presencial de SOGAMA enmarcada dentro das actividades programadas pola Semana Europea da Prevención de Residuos. En dita conferencia, recibiron información sobre como separar e reciclar mellor.

Alumnado de 2º ESO na videoconferencia organizada por Igaciencia.

Alumnado de 3º e 4º ESO na formación de SOGAMA

Distribuir contido