LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016-2017

No enlace podedes acceder aos diferentes libros de texto para o ano escolar 2016-2017.

CALENDARIO DAS PROBAS DE SETEMBRO 2016

No enlace podedes ver os horarios das probas das diferentes materias pendentes de setembro. Estas terán lugar os días 1 e 2 e a entrega de notas será o día 6 ás 12:00.

Sexismundo e compaña

Obra de teatro realizada polo alumnado de iniciación ao teatro de 1º da ESO do noso centro.

 

Vídeo anuncio do Val

Feito polo alumnado de 3º ESO na materia de Plástica

Manuel María 2016

Con motivo da celebración das letras galegas o noso centro expón un retrato de Manuel María feito polos rapaces de 4º ESO con  tapóns reciclados . Este mosaico foi realizado no obradoiro de arte e reciclaxe en colaboración ca semana das artes plásticas da mariña e con Voz Natura.

Manuel María

Arte e Reciclaxe

No contexto da Semana das Artes Plásticas da Mariña, no ies Alfoz-Valadouro leváronse a cabo o luns 25 de abril catro obradoiros de arte e reciclaxe organizados polo Departamento de Plástica en colaboración con Voz Natura.

Baixo a supervisión de Cristina Basanta (artista mariñá), Neves Seara e Andrea Barreira (Aire Centro de Arte de Santiago) os alumnos elaboraron un mural ecolóxico, móbiles con materiais de refugallo, instrumentos musicais reciclados e un retrato de Manuel María.
Enlace ás fotos da actividade
 
Arte e Reciclaxe
 

XII Edición Kilometros de Solidariedade

Fotos da Carreira Solidaria realizada o 18 de marzo no IES Alfoz - Valadouro.

Enlace.

 

Hora do Planeta 2016

19 de marzo de 20:30 a 21:30

O momento de actuar e agora.

Cambia polo clima.

 

 

Congratulations, Paula! See you soon!

Estamos de noraboa no IES, xa que Paula López Cao, alumna de 4º da ESO, conseguiu unha das 80 becas de Fundación Amancio Ortega para ir cursar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá. (Xa hai dous anos quedara de reserva nº 15 a alumna Andrea Freire Longarela, tamén de 4º ESO).

A nosa alumna marchará en agosto a algunha vila norteamericana onde vivirá unha experiencia única e inesquecible.

Dende a comunidade educativa desexámoslle moita sorte nesta aventura!

Paula López Cao

Voz de Galicia

25 N. Día internacional contra a violencia de xénero

Celebración no centro do día contra a violencia de xénero.

Distribuir contido