DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
O luns 28 de xaneiro no recreo organizamos unha actividade co gallo do Día Escolar da Paz e Non Violencia. Cociñamos a paz escollendo un ingrediente para elaborar a receita. Aquí temos o resultado, só queda poñela en práctica:
Xubilación de Aurora
O pasado 21 de decembro xubilouse Aurora Paulina Geada Pena, a nosa profesora de matemáticas nos últimos 21 anos. Queremos agradecerche moito toda a adicación que sempre tiveches ao teu traballo e o gran cariño que nos mostraches a todos.
O seu último día no centro foi moi especial, recibiu o cariño de todos os alumnos e un ramo de flores. Despois celebramos unha comida homenaxe, onde tivo un agasallo sorpresa de un retrato dela con fotos de todos os alumnos que pasaron polo centro.
Esperamos que recordes a túa etapa aquí con moita alegría e nos visites moi a miúdo. Desexámosche todo o mellor para este novo período no que seguro vas ser moi feliz!
Rutas xeolóxicas
No mes de decembro fixéronse dúas actividades xeolóxicas dirixidas pola profesora Elena Muinelo. O alumnado de 4º de ESO realizou unha ruta na Cova do Rei Cintolo no concello de Mondoñedo e o de 1º visitou a costa do concello de Burela.
Visita á cidade da Coruña
O xoves 20 de decembro desprazámonos á cidade da Coruña para facer sendas actividades: visita á fábrica de Patacas Bonilla, patinaxe sobre xeo na pista de Marineda e obradoiro na Fundación Barrié. Foi un día cheo de emocións co que puidemos despedir este ano 2018.
Felices Festas para todos e vémonos o 8 de xaneiro! Disfrutade!
1º PREMIO DO CERTAME OUFF ESCOLA
Na mañá do luns 3 de decembro entregáronse os premios do IX Certame OUFF Escola do Film Festival de Ourense. Quere ser a semente dos futuros cineastas galegos e tivo unha participación de 102 traballos. O noso centro desprazouse ata a cidade das Burgas e recibiu o Primeiro Premio pola curtametraxe O Preguiceiro, protagonizada polos alumnos de Teatro e dirixida pola súa profesora Paz Quiroga.
De novo estamos de noraboa polas andaduras artísticas do noso alumnado. Moitísimos parabéns para todos eles!
DÍA NON LECTIVO: 2 de Novembro
Este venres 2 de novembro non haberá clases no centro xa que foi elixido como non lectivo neste curso. Voltaremos o luns 5 de novembro.
Reunión FAMILIAS - TITORES
A reunión dos pais/nais/titores legais cos titores/as de cada curso celebrarase este mércores 24 de outubro ás 16.00 h. Esperamos a súa asistencia.
COMEZO DO CURSO 2018/19
A presentación do novo curso será o vindeiro luns 17 de setembro, de 12 h a 13.15h (con autobús escolar). As clases comezarán o martes en horario normal, de 8.35 a 14.35 h.
Armelle, a profe de francés
Neste curso despedímonos de Armelle Sobrino Heyvaert, a nosa profe de francés durante once anos e a nosa xefa de estudos nos últimos oito.
Como profesional foi unha excelente profesora e, estando ao frente do centro, traballou a reo a favor de todos os rapaces e rapazas que pasaron por aquí coa sensibilidade que cada ocasión merecía. Todos a imos recordar moito pola súa amabilidade e o seu sorriso.
Queremos desexarche moita sorte nesta nova etapa e esperamos verte moito por aquí! Moitas grazas por todo.
Listado de libros de texto para o curso 2018/19
Os libros de texto do novo curso 2018/19 son os mesmos que os do ano pasado, soamente se engadiu á lista "Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas" de 4º de ESO.
Podedes acceder á lista dende aquí: libros
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »