Adaptacións das Programacións Didácticas dos Departamentos

Tras  o estado de alarma, as programacións didácticas tiveron que ser modificadas para esta 3ª avaliación, avaliación ordinaria e extraordinaria. Dende aquí podedes consultar cada unha das adaptacións por materias e cursos:

Bioloxía:1º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Ed. Física: Todos os cursos

Ed. Plástica: 1º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Física e Química: 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Francés: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO. 4º ESO

Inglés: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

L. Castelá: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

L. Galega: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4ºESO

Matemáticas: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Música: Todos os cursosOb. Musical 1º 

Relixión: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Tecnoloxía: 2º ESO, 3º ESO, TIC 4º 

Valores Éticos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Xeografía e Historia: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Teatro 1º, Teatro 2ºXadrez 2º , Cultura Clásica 3º, Economía 4º, Latín 4º

VÍDEOS DAS OLIMPIADAS

Xa podedes disfrutar do vídeo das Olimpiadas da Mariña protagonizado polos alumnos e profesores do noso centro:

E tamén o dos mellores da Mariña:


Noraboa deportistas!

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Durante estas semanas, a partir do 11 de maio, o noso centro estará aberto en horario de 10.00 a 12.00 h.

Educación e familia no confinamento

O departamento de orientación envíavos uns cantos consellos para este tempo de confinamento. Podedes acceder dende aquí.

 

Instruccións da Consellería para o terceiro trimestre

Hoxe saíron as instruccións definitivas da Consellería de Educación de Galicia para a avaliación, promoción e titulación neste curso 2019/20. Podedes velas no ficheiro adxunto.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Mañá martes 28 de abril celebramos o día da EF na rúa, que este ano pasa a ser " na casa". Os profesores de EF da Mariña xuntámonos para vivilo por todo o alto e queremos invitarte a participar tamén convirtíndote en olímpic@ por un día...anímaste a pasar a antorcha?

Fai clic aquí para ver as instruccións.

 

INICIO DA AULA VIRTUAL NO NOSO CENTRO

Como xa sabedes todos, dende este luns, moitos profesores están utilizando unha nova plataforma para comunicarse con vós: a AULA VIRTUAL.

Na parte superior esquerda desta páxina web tedes acceso.

Esperamos que nos sexa moi útil neste tempo que queda para rematar o curso 2019/20.

 

Prórroga do estado de alarma

Como xa saben, acaba de aprobarse unha nova prórroga do estado de alarma: ata o 26 de abril.

Manterémolos informados de calquera novidade educativa que se produza neste tempo.

SEGUNDA AVALIACIÓN E BOLETÍN DE NOTAS

Comunicámoslles que a sesión da segunda avaliación celebrarase o vindeiro mércores 1 de abril ás 11.00 h. A partir dese intre, os pais que estén dados de alta en Abalar poderán ver as cualificacións dos seus fillos. Dende ese día e ata o venres 3 de abril, enviaranse os boletíns de notas ás familias a través de Abalar, correo electrónico ou ordinario, segundo sexa o caso.

As posibles reclamacións poderanse realizar os dous primeiros días da volta ao centro.

Manterémolos informados de calquera novidade.

Amplíase o estado de alarma

O estado de alarma amplíase quince días máis dos prospostos nun inicio: ata despois de Semana Santa. Mentres o centro estará pechado.

Distribuir contido