Graffiti no IES
A asociación cultural Vella escola de Noia (A Coruña) impartiu hoxe, mércores 28 de maio de 2014, durante dúas horas, un obradoiro dirixido ós alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO centrado no RAP e no Graffiti.
A iniciativa, organizada polo Departamento de Educación Plástica e Visual, ten como obxectivos potenciar as habilidades artísticas dos rapaces e rapazas mediante o libre dereito á expresión e achegarlles o mundo da arte urbana a través da técnica do spray.
Gañadores Fase Autonómica. Concurso Escolar Once
O alumnado de 4º da ESO acaba de proclamarse gañador da Fase Autonómica no concurso escolar da ONCE coa presentación dun vídeo sobre o día da ilusión, na categoría C.
Existen tres categorías, e os gañadores provinciais nas diferentes categorías son:
Categoría A: 3º Primaria. CEIP de Cervo.
Categoría B: 5º Primaria. CEIP Otero Pedrayo.
Categoría C: 4º ESO. IES Alfoz - Valadouro. (Gañador Fase Autonómica e pasa a Fase Nacional)
Charla Exper-i-ciencia
O xoves 10 de abril, no instituto de Alfoz - Valadouro, a doutora Nieves Piar Vidal González, Científico Titular do CSIC, impartiu a charla "Aplicacións da biotecnoloxía á explotación e conservación dos bosques " ao alumnado de 3º e 4º da ESO, dentro do programa Exper-i-ciencia organizado pola Delegación do CSIC en Galicia.
Nesta charla, a doutora explicou onde se encontran e a que se dedican os distintos centros do CSIC en Galicia e máis concretamente, no que ela desenvolve o seu labor de investigación, o IIAG (Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia). Durante a charla prestou ao alumnado unha pequena árbore de cultivo " in vitro ". Explicou como realizaban estes cultivos e como punto final, regalou ao centro tres pequenos botes que contiñan unha mostra en miniatura do bosque galego tradicional.
Paca a do Monchiño
Obra de teatro representada polo alumnado de 1º ESO na materia de proyecto interdisciplinar.
Directoras da obra. Paz Quiroga e Chus Rábade.
TICO DIARIO
Alumnado de 3º e 4º IES Alfoz - Valadouro facendo un informativo na Fundación TIC de Lugo.
NON a violencia MACHISTA
Hoxe venres 17 de xaneiro ás 14:15 horas no IES Alfoz - Valadouro realizouse unha concentración en contra da violencia de xénero.
Participaron na mesma o alumnado, o profesorado e o persoal non docente do centro.
Durante a concentración mantívose un minuto de silencio en memoria da mestra de relixión dos colexios de Alfoz e O Valadouro (mestra fai uns anos deles) e de súa nai, asasinadas esta semana no Concello de Cervo pola violencia machista.
Concurso de Belenes de Reciclaxe
O departamento de relixión do IES Alfoz - Valadouro realizou un concurso de belenes con materiais reciclados.
Podedes ver os catro blelenes na galería do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- seguinte ›
- última »
![IES Alfoz - Valadouro RSS Distribuir contido](/centros/iesalfoz/misc/feed.png)