LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016-2017
No enlace podedes acceder aos diferentes libros de texto para o ano escolar 2016-2017.
CALENDARIO DAS PROBAS DE SETEMBRO 2016
No enlace podedes ver os horarios das probas das diferentes materias pendentes de setembro. Estas terán lugar os días 1 e 2 e a entrega de notas será o día 6 ás 12:00.
Sexismundo e compaña
Obra de teatro realizada polo alumnado de iniciación ao teatro de 1º da ESO do noso centro.
Vídeo anuncio do Val
Feito polo alumnado de 3º ESO na materia de Plástica
Manuel María 2016
Con motivo da celebración das letras galegas o noso centro expón un retrato de Manuel María feito polos rapaces de 4º ESO con tapóns reciclados . Este mosaico foi realizado no obradoiro de arte e reciclaxe en colaboración ca semana das artes plásticas da mariña e con Voz Natura.
Arte e Reciclaxe
No contexto da Semana das Artes Plásticas da Mariña, no ies Alfoz-Valadouro leváronse a cabo o luns 25 de abril catro obradoiros de arte e reciclaxe organizados polo Departamento de Plástica en colaboración con Voz Natura.
Congratulations, Paula! See you soon!
Estamos de noraboa no IES, xa que Paula López Cao, alumna de 4º da ESO, conseguiu unha das 80 becas de Fundación Amancio Ortega para ir cursar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá. (Xa hai dous anos quedara de reserva nº 15 a alumna Andrea Freire Longarela, tamén de 4º ESO).
A nosa alumna marchará en agosto a algunha vila norteamericana onde vivirá unha experiencia única e inesquecible.
Dende a comunidade educativa desexámoslle moita sorte nesta aventura!
25 N. Día internacional contra a violencia de xénero
Celebración no centro do día contra a violencia de xénero.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »
![IES Alfoz - Valadouro RSS Distribuir contido](/centros/iesalfoz/misc/feed.png)