Fondo de libros
Saíu a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria para o curso 2018/19. Para facer a solicitude deberedes entregar en secretaría os anexos I e II cubertos.
O prazo remata o 22 de xuño de 2018.
Primeiros Auxilios
Este luns, 21 de maio, desprazámonos ata o CEIP Castro de Ouro de Alfoz para que os rapaces e rapazas do noso centro e do colexio recibiran unha charla de primeiros auxilios.
Os técnicos en emerxencias sanitarias de Burela indicáronnos como actuar ante unha situación extrema e como realizar unha reanimación cardio pulmonar (RCP). Ao remate puidemos ver os vehículos de emerxencias desprazados ata o lugar.
Podeder ver fotos neste enlace.
Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2017
Parabéns para Nerea Yáñez de 3º!
No mes de abril, na localidade veciña de Burela, celebrouse o Festival Audiovisual Imaxiña que valora a creatividade e orixinalidade na fotografía. Nesta edición Nerea participou cunha imaxe do mar e as rochas e con ela acadou un merecido segundo premio.
Noraboa polo teu traballo!
Días non lectivos
O luns 30 de abril e o venres 18 de maio son os días non lectivos elixidos polo centro.
Lembramos que o 1 e o 17 de maio son días festivos e, polo tanto, tampouco haberá clase.
Semana das Artes Plásticas na Mariña 2018
No mes de abril visitamos a exposición da Semana das Artes Plásticas no CENIMA de Foz que, nesta quinta edición, homenaxea ao escultor mindoniense Juan Puchades. Alí puidemos disfrutar das obras de vinteún artistas mariñanos como: Otero Regal, Alberto Pena, Alicia Rodríguez, Cristina Basanta, Lucía Vila, Mauro Leivas, Irma Loureiro e Álvaro Trincado, entre outros. Podedes ver imaxes dese momento:
8 de marzo - Día da Muller Traballadora
Co gallo do Día da Muller Traballadora, os/as alumnos/as de 3º e 4º de ESO elaboraron carteis con información de mulleres relevantes en diferentes campos ao longo da historia, sendo os de 1º e 2º os encargados/as de descubrir os nomes.
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Ata o 7 de marzo está aberto o prazo para solicitar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. Podedes obter máis información no enlace www.edu.xunta.gal/portal/node/24182 .
DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Co gallo do Día da Paz e baixo o lema “ Rustre a non violencia e cociñarás con eficiencia. Que ingrediente utilizas ti para cociñar a paz?”, o alumnado e outros membros da comunidade educativa participaron no recreo nunha actividade que consistía en escoller un ingrediente para cociñar entre todos a paz.
Ao final do recreo conseguimos ter a receta para a paz que imos a poñer en practica.
VIAXE Á CORUÑA
Hoxe foi o último día de clase antes das vacacións de Nadal e celebrámolo viaxando á cidade da Coruña para, pola mañá, visitar as instalacións de "La Voz de Galicia" onde vimos a redacción do xornal, a sala de impresión e o museo e, pola tarde, puidemos patinar sobre xeo para despedir o ano disfrutando do deporte. Despedímonos ata o 8 de xaneiro!
RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Este Nadal, como vén sendo tradición nos últimos anos, o centro e todas as familias colaboramos coa campaña do Banco de Alimentos para axudar á xente necesitada. Recolléronse trinta e dous quilogramos de produtos.
Agradecemos a todos/as a solidariedade mostrada e aproveitamos para desexarlles un Bo e Feliz Nadal!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »