CAMBIO DE DATAS PARA O COMEZO DO CURSO 2020/21

i.      Este venres a Xunta de Galicia decidiu aprazar o inicio de curso, a incorporación seguirá sendo gradual. As novas datas son:

       23 de setembro (mércores): 1º e 2º de ESO terán a presentación en horario de 11.00 a 13.00 h. 

       24 de setembro (xoves): 3º ESO terá a presentación de 8.25 a 10.25 h e a continuación iniciará as clases normais. 1º e 2º de ESO terán clases normais ese día.

      25 de setembro (venres): 4º ESO terá a presentación de 8.25 a 10.25 h e posteriormente iniciará as clases normais. 1º, 2º e 3º de ESO terán clases normais todo a mañá.

Os tres días haberá autobús para o alumnado.

INFORMACIÓN SOBRE AS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PARA O CURSO 2020/21

Xa podedes consultar as medidas extraordinarias que se tomarán no noso centro no curso 2020/21 por mor da pandemia que estamos a vivir.

Na próxima semana aprobarase o Plan de Adaptación e poderedes consultalo nesta mesma páxina.

Medidas

Declaración responsable das familias

DATAS PARA O INICIO DO CURSO 2020/21

                               

        O inicio do curso 2020/21 será gradual:

        16 de setembro (mércores): 1º e 2º de ESO terán a presentación en horario de 11.00 a 13.00 h. 

        17  de setembro (xoves): 3º ESO terá a presentación de 8.25 a 10.25 h e a continuación iniciará as clases normais. 1º e 2º de ESO terán clases normais ese día.

        18 de setembro (venres): 4º ESO terá a presentación de 8.25 a 10.25 h e posteriormente iniciará as clases normais. 1º,2º e 3º de ESO terán clases normais todo a mañá.

Os tres días haberá autobús para o alumnado.

BOLETÍN DE NOTAS E MATRÍCULA DE SETEMBRO

O 1 e 2 de setembro faranse as probas extraordinarias de forma presencial.

O boletín de notas entregarase o venres 4 de setembro ás 11.00 h .

A matrícula para o curso 2020/21 poderá realizarse os días:

Venres 4 setembro: De 11.30 a 13.30 h

Luns 7 setembro: De 10.00 a 13.30 h

 

Os libros do fondo deberán entregarse o xoves 3 e venres 4 de setembro, rogamos que estén limpos e borrados.

IMPORTANTE:  Só poderán acceder ao instituto o alumnado e o persoal do centro, polo tanto non poderán entrar pais/nais nin acompañantes.

Para calquera consulta chamar ao tlf 982 870051 de 10.00 a 13.30 h.

Protocolo COVID para o curso 2020/21

Podedes consultar dende aquí o novo protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21.

Listaxe provisional do fondo de libros

A listaxe provisional de admitidos no fondo de libros está publicada no taboleiro de anuncios do noso centro, se alguén quere informarse por teléfono, pode chamar ao 982 870051 en horario de 10.00 a 13.00 h.

CALENDARIO DAS PROBAS DE SETEMBRO

Os exames de setembro realizaranse durante os días 1 e 2 de setembro. O calendario podedes consultalo no adxunto.

Listado de libros de texto para o curso 2020/21

A lista dos libros de texto para o curso 2020/21 é a mesma que a do ano pasado. Podedes acceder a ela dende aquí.

MATRÍCULA E RECOLLIDA DE LIBROS

O alumnado que aprobara todas as materias na avaliación ordinaria de xuño deberá facer a matrícula para o curso 2020/21 nas seguintes datas:

 1º ESO

 Xoves 2 de xullo

2º ESO

Venres 3 de xullo

3º ESO

Luns 6 de xullo

4º ESO

Martes 7 de xullo

 

Ese día da matrícula deberán entregar os libros do fondo.

O alumnado que este ano cursou  4º de ESO ten que entregar os libros o mércores 1 de xullo.

Os rapaces que suspenderan algunha materia matricularanse e devolverán os libros no mes de setembro; indicaremos as datas durante o verán.

 

ENTREGA DE BOLETÍN DE NOTAS

Os boletíns de notas do curso 2019/20 entregaranse o vindeiro xoves 25 de xuño, realizarase de forma escalonada, con distintas franxas horarias para a súa recollida.

Poden vir os alumnos ou os pais; é obrigatorio o uso de mascarilla dentro do centro.

O horario está reflectido na seguinte táboa:

CURSO

HORA DE ENTREGA DE NOTAS

1º ESO

De 9.00 a 10.00 h

2º ESO

De 10.00 a 11.00 h

3º ESO

De 11.00 a 12.00 h

4º  ESO

De 12.00 a 13.00 h

Ese día poderase recoller en conserxería o impreso de matrícula para o curso 2020/21, pero esta realizarase no período do 1 ao 10 de xullo. Indicaremos proximamente cales serán os días por cursos.

Os libros do fondo deste ano recolleranse tamén a partir do 1 de xullo a aquel alumnado que aprobe todas as materias ou titule en 4º de ESO.

Distribuir contido