Final de curso, boletín de notas e matrícula

O vindeiro martes 22 de xuño será o último día de clase deste curso 2020/21.

As datas e horas da entrega do boletín de notas, matrícula e recollida de libros do fondo serán as seguintes:

 

Entrega de boletín de notas

Curso

Día e hora

1º e 2º de ESO

Xoves 24 de xuño ás 10.30 h

3º e 4º de ESO

Xoves 24 de xuño ás 11.30 h

 (Non haberá transporte escolar)

 

O alumnado que aprobara todas as materias en xuño terá que matricularse nas seguintes datas:

Matrícula para o curso 2021/22

Curso

Día 

1º ESO

Venres 25 de xuño

2º ESO

Luns 28 de xuño

3º ESO

Martes 29 de xuño

4º ESO

Mércores 30 de xuño


 Os libros do fondo entregaranse no momento que se faiga a matrícula. Aqueles alumnos/as que non aprobaran todas as materias na avaliación de xuño, non terán que entregar ningún libro ata setembro. Recordamos que deben vir borrados de lapis e sen estar en mal estado. 

 

O horario de atención ao público durante o verán (a partir do 23 de xuño), irá dende as 10.00 ata as 14.00 h

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo do Día das Letras Galegas, 1º e 3º de ESO, na materia de EPVA, realizaron un traballo para conmemorar a figura de Xela Arias. Estará exposto na biblioteca do centro.

DÍA DO LIBRO

Este ano celebramos o día do libro creando un recuncho especial no corredor do centro. Ogallá o disfrutedes moito!

 

Máis imaxes

DÍA DA MULLER

Pola conmemoración do día da muller, parte do alumnado de valores éticos, inspirados na canción de Rozalén, pintou unha porta violeta como metáfora do feminismo, como símbolo da igualdade que se reivindica neste día, unha porta que se a atravesamos nos fará a todas e todos máis libres. No vídeo utilizamos a versión en galego da canción de Rozalén interpretada por Son da Cabana.

 

Enlace ao vídeo

 

Dentro do proxecto da biblioteca “Muller tiñas que ser!” o alumnado de 1º ESO, co gallo do 8M, fixo un traballo sobre mulleres da Mariña que son importantes nas súas vidas ou nas da comarca.  

 

 

 

Admisión de alumnado

O prazo para a solicitude dunha praza nun centro non adscrito para o curso 2021/22 é do 1 a 22 de marzo.

Pódese facer de forma telemática dende aquí, tedes que ir a solicitudes, admisión e crear.

Homenaxe a Yayoi Kusama

Este ano, no Entroido, fíxose unha homenaxe especial a unha artista xaponesa moi orixinal: Yayoi Kusama. A obra de Yayoi caracterízase por fotografías onde os protagonistas e os decorados están cheos de puntos de cores, o que fai que a súa obra esté impregnada de luz e cor .

Durante as clases de Educación Plástica de 4º ESO realizáronse debuxos sobre a autora que estiveron expostos na Biblioteca e agora están nos corredores do centro. A coordinadora da Biblioteca elaborou un resumo da vida da personaxe que recomendamos que o vexades.

Vida de Yayoi Kusama

 

 

 

    

Entroido 2021

Con motivo do entroido traballouse con todo o alumnado a través dunha unidade didáctica a figura da artista xaponesa Yayoi Kusama.

Podedes ver imaxes da celebración dende o instagram da biblioteca.

 

 

Días non lectivos

Os días non lectivos elixidos polo centro son o 18 e 19 de febreiro de 2021, xoves e venres despois do Entroido, polo que non haberá clases dende o 13 ao 21 de febreiro, ambos inclusive.

Desexamos que disfrutedes desa semana de Entroido!

Inicio das clases

Voltaremos ás clases o vindeiro venres 8 de xaneiro de 2021.

Documental "Grandes historias das heroínas do rural"

As ANPAs do CEiP Castro de Ouro e do IES Alfoz-Valadouro realizaron o documental "Grandes historias das heroínas do rural" para homenaxear a todas as mulleres de Alfoz e O Valadouro que adican a súa vida ao rural.

Distribuir contido