COMEZO DO CURSO 2017/18

As datas para facer a matrícula para o curso 2017/18 son:

                 - 6 de setembro de 10.30 a 13.30 h

                 - 7 de setembro de 9.30 a 13.30 h

A presentación cos titores será o venres 15 de setembro de 12.00 a 13.00 h (con autobús escolar). As clases comezarán o día 18 en horario normal.

Videoclips e parodias de anuncios

A finais deste curso graváronse varios vídeos na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual: en cuarto cada alumna/o realizou un videoclip e en terceiro fixeron un vídeo con parodias de anuncios de publicidade. Podedes velos nos seguintes enlaces:  

videoclips      

anuncios

CALENDARIO DAS PROBAS DE SETEMBRO 2017

No enlace podedes acceder ao calendario das probas de setembro.

Programa Quérote+

O alumnado de 3º de ESO  elaborou este vídeo que lles serviu para explicar ao alumnado de 2º o que aprenderon durante a súa participación no Programa Quérote do Plan Proxecta: ver vídeo

 

Axuda para material escolar

Dende hoxe os rapaces e rapazas aos que se adxudicou a axuda para mercar material escolar poden recoller o vale na secretaría do noso centro.

Poderán facelo os matriculados en xuño. Aqueles/as  que deban presentarse ás probas de setembro recibiranno nese mes.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/18

No enlace podedes acceder aos diferentes libros de texto para o ano escolar 2017-2018:  libros

Matrícula para o curso 2017/18

As datas para a matrícula de aqueles/as que aprobaron no mes de xuño son as seguintes:

 

1º ESO - 26, 27 e 28 de xuño

Resto dos cursos - 29, 30 de xuño e 3 de xullo.

 

Podedes recoller o sobre de matrícula dende o luns 26 de xuño en secretaría de 9.30 a 13.30 h.

Fin de curso

calendario de final de curso é o seguinte:

Remate das clases: venres 23 de xuño

Entrega de notas: luns 26 de xuño ás 12.00 h (non haberá transporte escolar)

Reclamacións: 27 e 28 de xuño

Tríptico sobre Carlos Casares

Os de cuarto, por grupos, elaboraron trípticos con información sobre Carlos Casares, autor homenaxeado este ano 2017 o Día das Letras Galegas.

O tríptico gañador, que figura nesta páxina, foi elaborado por Clara Rodríguez Rejes, María Rega Posada e Lucía Carreiras Martínez.

 

Certame literario das Letras Galegas

Un ano máis, o instituto convocou o certame literario das Letras Galegas (20ª edición este curso 2016-17) ó que os alumnos e alumnas poden concorrer con composicións poéticas ou narrativas.

Os gañadores da presente edición foron:

1º ESO: Silvia Yáñez Maseda

2º ESO: Nerea Yález Maseda

3º ESO: Pablo Goás Pardiñas

4º ESO: Laura Pumares Rejes

   

   

Distribuir contido