Fondo de libros

Saíu a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria para o curso 2018/19. Para facer a solicitude deberedes entregar  en secretaría os anexos I e II cubertos.

O prazo remata o 22 de xuño de 2018.

Primeiros Auxilios

Este luns, 21 de maio, desprazámonos ata o CEIP Castro de Ouro de Alfoz para que os rapaces e rapazas do noso centro e do colexio recibiran unha charla de primeiros auxilios.

Os técnicos en emerxencias sanitarias de Burela indicáronnos como actuar ante unha situación extrema e como realizar unha reanimación cardio pulmonar (RCP). Ao remate puidemos ver os vehículos de emerxencias desprazados ata o lugar.

Podeder ver fotos neste enlace.

Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2017

Parabéns para Nerea Yáñez de 3º!

No mes de abril, na localidade veciña de Burela, celebrouse o Festival Audiovisual Imaxiña que valora a creatividade e orixinalidade na fotografía. Nesta edición Nerea participou cunha imaxe do mar e as rochas e con ela acadou un merecido segundo premio.

Noraboa polo teu traballo!

 

Días non lectivos

O luns 30 de abril e o venres 18 de maio son os días non lectivos elixidos polo centro.

Lembramos que o 1 e o 17 de maio son días festivos e, polo tanto, tampouco haberá clase. 

Semana das Artes Plásticas na Mariña 2018

No mes de abril visitamos a exposición da Semana das Artes Plásticas no CENIMA de Foz que, nesta quinta edición, homenaxea ao escultor mindoniense Juan Puchades. Alí puidemos disfrutar das obras de vinteún artistas mariñanos como: Otero Regal, Alberto Pena, Alicia Rodríguez, Cristina Basanta, Lucía Vila, Mauro Leivas, Irma Loureiro e Álvaro Trincado, entre outros. Podedes ver imaxes dese momento:

Enlace

8 de marzo - Día da Muller Traballadora

Co gallo do Día da Muller Traballadora, os/as alumnos/as de 3º e 4º de ESO elaboraron carteis con información de mulleres relevantes en diferentes campos ao longo da historia, sendo os de 1º e 2º os encargados/as de descubrir os nomes.

 

Máis fotos

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Ata o 7 de marzo está aberto o prazo para solicitar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. Podedes obter máis información no enlace www.edu.xunta.gal/portal/node/24182 .

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Co gallo do Día da Paz e baixo o lema “ Rustre a non violencia e cociñarás con eficiencia. Que ingrediente utilizas ti para cociñar a paz?”, o alumnado e outros membros da comunidade educativa participaron no recreo nunha actividade que consistía en escoller un ingrediente para cociñar entre todos a paz. 

   

 

Ao final do recreo conseguimos ter a receta para a paz que imos a poñer en practica.

 

VIAXE Á CORUÑA

Hoxe foi o último día de clase antes das vacacións de Nadal e celebrámolo viaxando á cidade da Coruña para, pola mañá, visitar as instalacións de "La Voz de Galicia" onde vimos a redacción do xornal, a sala de impresión e o museo e, pola tarde, puidemos patinar sobre xeo para despedir o ano disfrutando do deporte. Despedímonos ata o 8 de xaneiro!    

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Este Nadal, como vén sendo tradición nos últimos anos, o centro e todas as familias colaboramos coa campaña do Banco de Alimentos para axudar á xente necesitada. Recolléronse trinta e dous quilogramos de produtos.

Agradecemos a todos/as a solidariedade mostrada e aproveitamos para desexarlles un Bo e Feliz Nadal!

Distribuir contido