Directrices para o uso da máscara
Dende o pasado mércores 20 de abril non é obrigatoria a máscara en espazos interiores, anque a recomendación, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, é que siga usándose en espazos pechados. Hai que subliñar que si é obrigatoria a máscara no transporte escolar.
En canto á asistencia ao centro no caso de que un alumno/a sexa positivo en COVID, a recomendación xeral é non asistir se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís. Se presenta outras síntomas tamén é recomendable non acudir ata que remitan. Se un alumno/a ten a enfermidade pero sen síntomas, recoméndase que durante 10 días veña con máscara e reduza todo o posible a interacción con outras persoas.
En caso de que algún alumno/a non puidese acudir a clase por estes motivos, rogámoslles que informen ao centro ou ao titor/a.
Poden acceder ás directrices do uso da máscara dende aquí.