Adxudicación de máscaras para o alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizará unha achega complementaria para a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial.

As máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €, que foi o límite de referencia no curso 2020/21 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar. Polo tanto:

 - Non terá que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 porque se lles adxudicarán directamente.

 - Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. 
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

 

Para realizar esa solicitude terán que cubrir o anexo I e II, que poden descargar dende aquí, e presentala no noso centro dende o 16 ata o 27 de novembro de 2020.

 

Podedes consultar a orde do 6 de novembro de 2020 (DOG).