Xubilación de Pepe Peinó

O pasado 27 de outubro xubilouse José Vázquez Peinó, Pepe, o profesor de historia e lingua galega en primeiro e segundo de ESO.

Pepe chegou ao noso centro no curso 97/98, polo tanto leva máis de vinte anos adicándose en corpo e alma a ensinar a todos os rapaces que pasaron polo instituto. É un referente para todos nós. No terreo profesional,  fixo infinidade de actividades cos alumnos e todos os seus compañeiros: obras de teatro, xornais, radio e películas, e foi sempre un profesor riguroso, traballador e cunha especial serenidade en todos os aspectos. Na parte persoal, podemos destacar a súa positividade, alegría e xenerosidade con todos. Todos vemos a Pepe como unha persoa moi especial e a que lle debemos moitos momentos vividos.

As obras de teatro que fixo Pepe no instituto foron: 'A verdadeira historia de Parvo de Cela', 'Alí vén teu pai', ' Revolución no ximnasio', 'A máquina do tempo', ' A apidemia' e ' Bruxas, vampiros, trasgos e fantasmas'. Fixo as películas tituladas: 'Lume na alma', ' Malos tempos' (2007, primeira película, gañou o primeiro premio no certame OUF Escolar de Ourense), ' Volveremos',' Adeus' e 'Pasado e futuro'. Dirixiu o Xornalouro que foi a revista escolar do centro durante moitos anos e tamén a radio escolar Parolando. El agora seguro que seguirá coas obras de teatro e curtametraxes e coa publicación dos seus libros; seguirá tendo moitísimos admiradores da súa obra como ate agora. 

Pepe, desexámosche que aproveites o tempo que agora tes para disfrutar da familia, das túas afeccións e, por suposto, para ser moi feliz!

Esperamos verte moitas veces polo noso centro; sempre terás as portas abertas no que foi o teu lugar de traballo. Grazas por todo e mil bicos para ti.