Suspensión das clases

En todos os centros educativos de Galicia suspendéronse as clases dende o luns 16 de marzo, durante catorce días, como medida preventiva frente ao coronavirus. Mañá venres 13, os centros estarán abertos, pero non será obrigatoria a asistencia, de feito, recoméndase non acudir. Os exames que estiveran marcados para mañá poderanse realizar á volta. 

Ata o momento non temos máis indicacións, cando teñamos máis novas ou directrices a seguir polo alumnado, comunicarémolo a través desta páxina e da ANPA.