Distintas actividades

O pasado 13 de febreiro, o alumnado de cuarto de ESO e máis o clube de lectura acudiron a unha charla ao IES Perdouro de Burela, impartida pola profesora da Universidade de Barcelona, María José Masanet. A conferencia titulábase: Series de TV e mitos románticos e a temática tratada foi como se abordan as relacións nas series televisivas; dende o amor romántico ata as relacións con violencia de xénero.

O alumnado participou activamente no debate posterior e valorou positivamente a visita.

 O 14 de febreiro,  os alumnos de  segundo de ESO fixeron unha exposición de poemas e dedicatorias relacionadas con ese día.

Como ocorre a comezos de cada ano, tanto a Real Academia Galega como a Española fan pública a lista das `palabras do ano` que vén de rematar. En segundo de Eso elaboráronse dous murais sobre este feito.

Neste caso, a palabra gañadora para a RAG foi sentidiño, por ser a máis votada. No caso da RAE, as palabras foron: progreso, deporte, acogida...Por ser as máis buscadas ou as máis utilizadas polos falantes.