25N: Día internacional contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro conmemoramos no noso centro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Todos xuntos participamos nun acto no que lembramos a cada unha das 52 vítimas deste tipo de violencia no que vai de ano en España. Podedes ver o vídeo no que se recolle o que fixemos; unha gravación realmente emotiva.

Completamos esta actividade cunha exposición de libros e murais baseada na temática da muller, onde se trata dende a publicidade machista ata o exemplo de mulleres pioneiras na súa profesión, pasando por historias curiosas sobre mulleres na provincia de Lugo. Invitámosvos a vir vela!