|
varios
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DE PORTÁTILES
Enviado por admin o Ven, 11/10/2024 - 08:22AMPLÍASE O PRAZO DE SOLICITUDE DE PORTÁTIL EN PRÉSTAMO PARA FAMILIAS CON RECURSOS LIMITADOS
Data límite de entrega: 16 DE OUTUBRO ás 14:00 h
Lugar : SECRETARÍA DO CENTRO
As peticións deberán facerse a través do FORMULARIO que se achega e facendo a súa entrega na SECRETARÍA DO CENTRO. O formulario en papel pódeno pedir os alumnos na secretaría do instituto ou ben descargalo desde a web.
SOLICITUDE DE ORDENADORES DE PRÉSTAMO - CURSO 2024-25
Enviado por admin o Ven, 04/10/2024 - 13:09Co obxecto de paliar as posibles situacións de risco de fenda social dixital, o centro acordou poñer a disposición de familias con recursos limitados un ordenador portátil, para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa.
Entre as peticións que cheguen aplicaremos os criterios que manda o Consello da Xunta e terán prioridade as familias con difícil situación económica, que non dispoñan nos seus fogares de ordenador nin de conexión wifi.
Os portátiles facilítanse como préstamo persoal ata que remate o presente curso escolar.
As peticións deberán facerse antes do 14 de outubro ás 14:00 h, a través do FORMULARIO que se achega e facendo a súa entrega na SECRETARÍA DO CENTRO. O formulario en papel pódeno pedir os alumnos na secretaría do instituto ou ben descargalo desde a web.
Unha vez feita a selección, o centro poñerase en contacto coas familias para formalizar a entrega, con cita previa, e nos prazos marcados.
Só poderá acudir o/a responsable, pai, nai ou titor/a do alumno/a, e deberá asinar un documento de recepción e de responsabilidade ao recibir o portátil e un documento de compromiso para o aproveitamento académico.