|
Entrega premio Atrévete a ter unha idea 23/24: "Zapas como novas"
O pasado 4 de outubro o IES Alexandre Bóveda recolleu, en Santiago de Compostela, o premio individual de Educación Secundaria “Atrévete a ter unha idea”, que lle foi concedido a alumna Violeta Rodríguez Fernández.
Como ela non puido estar presente no acto, realizamos a entrega do premio na súa aula, rodeada dos seus compañeiros e compañeiras. A profesora Loreto Raya, coordinadora do proxecto, fíxolle entrega do agasallo e despois toda a aula puido ver o vídeo en que Violeta explica a súa idea emprendedora.
Parabéns, Violeta!
Para ver o vídeo, prema na ligazón Zapas como novas.