Skip to Content

Novas

ENTREGA DE PREMIOS DOS RETOS DE POLOS CREATIVOS

Este venres 2 de xuño, tivo lugar na Cidade da Cultura a entrega dos premios dos “Retos de Polos Creativos” nas diferentes categorías aos mellores proxectos presentados.

O noso centro participou cun traballo sobre a Construción dun Reloxo de Sol de Cuadrante Ecuatorial que resultou gañador na categoría de Mellor Material Científico-Matemático.

Ata alí desprazouse unha pequena representación formada por 5 alumnos e alumnas de 3ºESO, que ademais de recoller dito galardón de mans do Conselleiro de Educación Román Rodríguez, expuxeron e explicaron o seu traballo a tódolos asistentes de xeito que aqueles que así o desexaron puideron construír alí mesmo o seu propio reloxo de sol.

Toda unha experiencia para este alumnado, que soubo presentar de xeito sobresaliente e moi didáctico este proxecto a tódalas persoas que nos visitaron.

 

GAÑADORES DOS “RETOS DE POLOS CREATIVOS”

Na convocatoria dos “Retos de Polos Creativos” animábase aos centros educativos incluídos neste programa a participar a través do desenvolvemento ou elaboración dunha actividade educativa, coa condición de que a materia prima fose a reciclaxe de materiais de refugallo,  educando ao alumnado na xestión sostible dos recurso e na economía circular.
No noso caso, e aproveitando a cantidade de cartón almacenada no centro, moito do cal procedía das caixas de embalaxe do propio material dos Polos Creativos, decidimos elaborar co alumnado de 3º da ESO un Reloxo de Sol de cuadrante ecuatorial, realizando unha actividade multidisciplinar, que permite traballar contidos de matemáticas (introdución a trigonometría e manexo de ferramentas TIC), tecnoloxía (materiais, ferramentas), xeografía (latitude e lonxitude da Terra e os seus movementos), historia (historia dos reloxos de sol e identificación dos reloxos que perduran na contorna do instituto), e educación plástica (dixitalización de imaxes).

Finalmente, esta actividade obtivo o primeiro premio na categoría “Mellor material Científico – Matemático”, o que supón un gran respaldo ao traballo desenvolvido polo profesorado, e sobre todo polo noso alumnado.

Podes consultar a memoria e o vídeo do traballo  realizado nas seguintes ligazóns:
-    Ver memoria.
-    Ver vídeo.

ACTIVIDADE MINIMITOVÍDEOS (APP)

O Departamento de Latín e Grego está a realizar durante o curso 2022-2023 a actividade chamada "Minimitovídeos" co alumnado de Cultura Clásica de 4º de ESO, en coordinación co Club de Ciencia e os Polos Creativos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do centro e coa colaboración de S.O.S. Clásicas, asociación que reivindica a visibilización das clásicas e unha maior presenza do latín, do grego e da cultura clásica na ensinanza.
A actividade "Minimitovídeos" ten como núcleo a elaboración de pequenos vídeos que reproducen episodios de mitos grecolatinos (en ocasións son un retrato dun personaxe). Os "Minimitovídeos" teñen unha duración media de 10 segundos, non teñen son, non teñen vestiario específico nin case atrezzo. Os vídeos foron dirixidos e filmados polo alumnado, que tamén actuou nos mesmos.
Unha das finalidades que se lle deu a estes vídeos foi a elaboración de dúas aplicacións mediante a utilidade App Inventor, aplicacións que tamén quedarán a disposición do que estea interesado na páxina de dita utilidade.
A finalidade da APP  é propoñer ao usuario un pequeno reto a modo de xogo, no que terá que adiviñar cal é o Mito que se representa en cada vídeo.
A continuación mostramos o código QR a través do cal poderás descargar e instalar as aplicacións no teu dispositivo móbil, e poñer a proba os teus coñecementos sobre Mitoloxía.
MINIMITOVIDEOS1  

      MINIMITOVIDEOS1                                                           MINIMITOVIDEOS2

 

Resumo do curso nos Polos Creativos

Unha vez rematado o presente curso 2022-2023 temos que dicir que dende o Polo Creativo do noso centro, e grazas ao material recibido, levamos a cabo unha chea de actividades. Entre elas podemos destacar:

- Montaxe e programación de MBOTs

- Introdución á programación por Bloques: Scratch

- Escáneo, Deseño e Impresión 3D

- Deseño e Corte coa Fresadora Láser.

- Elaboración da Placa da nosa Biblioteca “Concha Blanco”

- Elaboración de APPs para visibilizar a mitoloxía

- Elaboración de Chapas para visibilizar a mitoloxía

- Construción dunha Gramola con música en galego.

- Construción dun Reloxo de Sol (proxecto gañador nos “Retos de Polos Creativos”)

- Construción de mecanismos con material de refugallo.

- Diversos tipos de talleres e experimentos

- Montaxe da radio, que agardamos ter funcionando en breve

- Etc.

Podedes ver unha mostra do noso traballo no seguinte vídeo.

 

Actividades do noso Polo Creativo no 2º Trimestre

Unha vez rematado este segundo trimestre temos que dicir que dende o Polo Creativo do noso  centro, e grazas ao material recibido, levamos a cabo unha chea de actividades. Entre elas  podemos destacar:
- Montaxe e programación de MBOTs
- Introdución á programación por Bloques: Scratch
- Escáneo, Deseño e Impresión 3D
- Deseño e Corte coa Fresadora Láser
- Diversos tipos de talleres e experimentos
- Montaxe da radio, que agardamos ter funcionando en breve
- Etc.
De cara ao último trimestre agardamos seguir desenvolvendo estas actividades e outras novas  das que vos iremos informando.
Podedes ver unha mostra do noso traballo no seguinte vídeo.

O teu navegador non soporta este vídeo.

O noso Centro foi incluído en POLOS CREATIVOS

O noso Centro foi incluído no proxecto Polos Creativos, recibimos moito material como dotación que estamos preparando para poñer en marcha o antes posible.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut