Skip to Content

Probas de certificación en linguas estranxeiras

A Xunta de Galicia vai estender as probas de certificación en linguas estranxeiras ao alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xa que ata o de agora unicamente se aplicaban á Rede de Centros Plurilingües.

Convocáronse 5.000 prazas para os exames de nivel para a acreditación de competencias lingüísticas, dirixida aos estudantes que, no curso 2021-22, estean matriculados en 4º de ESO, na etapa de Bacharelato ou en ciclos de Formación Profesional.

O alumnado que participe na devandita proba, que se celebrará, probablemente, no 1º trimestre do curso 2021-22, poderá certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL). Cada estudante poderá matricularse nunha única proba, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira.

As solicitudes deberán ser tramitadas polos propios centros educativos ata o 30 de xuño.



blog | by Dr. Radut