Skip to Content

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DA ESO DO VINDEIRO CURSO 2024-2025

Abriuse o prazo para presentar as solicitudes de axuda para a adquisición de material escolar (“Vales”) para o alumnado que no vindeiro curso 2024-2025 estará matriculado nalgún curso da ESO. O alumnado non optará aos libros de texto, posto que o IES Agra de Raíces está incluído no proxecto  E-DIXGAL.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo remata o día 21 de xuño

 

A continuación se poden consultar e descargar os ficheiros relativos a este asunto, e concretamente o modelo de solicitude editable.

AdxuntoTamaño
Anuncio no DOG1.3 MB
Resumo151.07 KB
SOLICITUDE AXUDAS MATERIAL ESCOLAR3.49 MB


blog | by Dr. Radut