Para consultar calquera información relativa á Programación didáctica 2021-2022 do Departamento pode premer no enlace
ANEXO Á PROGRAMACIÓN do
Dpto. BIOLOXÍA e XEOLOXÍA
Atendendo a disposición transitoria cuarta da Orde do 25 de Xaneiro do 2022, publicada no DOG en data 11 de Febreiro do 2022, pola que se actualiza a Normativa de Avaliación nas ensinanzas de ESO e Bacharelato, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, reunidos os membros do departamento, consideramos o seguinte:
Na ESO:
Na 3º avaliación farase constar a nota final da materia, que poderá verse incrementada polas actividades realizadas durante o período que a continuación se detalla:
No período comprendido entre a terceira avaliación e a avaliación ordinaria, levaranse a cabo as seguintes actividades:
- Actividades de recuperación para o alumnado que non acadara a avaliación positiva na materia.
- Actividades de reforzo e ampliación para ó alumnado que acadara a avaliación positiva na materia. Estas actividades poderán supoñer un incremento de ata 0,5 puntos na nota media final.
- Para lograr este incremento na cualificación final de materia, acadarase sempre e cando, se realicen todas as actividades propostas de forma satisfactoria
En 1º Bacharelato:
No período comprendido entre a terceira avaliación e a avaliación extraordinaria, levaranse a cabo as seguintes actividades:
- Actividades de reforzo e preparación da proba extraordinaria para o alumnado que non acadara a avaliación positiva na materia.
- Actividades de reforzo e ampliación para ó alumnado que acadara a avaliación positiva na materia. Estas actividades poderán supoñer un incremento de ata 0,5 puntos na nota media final.
- Para lograr este incremento na cualificación final de materia, acadarase sempre e cando, se realicen todas as actividades propostas de forma satisfactoria
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA-2019-2020-Decembro2019.pdf | 1.8 MB |
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA-2020-2021.pdf | 1.94 MB |
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA-2021-2022.pdf | 1.39 MB |