PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Ademais dos criterios mencionados anteriormente en cada nivel, queremos destacar o seguinte:
As cualificacións obteranse tras a realización das probas que avaliarán as 4 competencias ou bloques: comprensión e produción orais así como a comprensión e produción escritas, intentando darlle, sempre e cando sexa posible, os seguintes valores:
- 70% para a parte escrita,
- 30% para a parte oral (na que o 10% correspondería á comprensión e o 20% á produción).
|
PARTE ESCRITA |
PARTE ORAL |
PORCENTAXE |
1ª - 2ª - 3ª AVALIACIÓN |
70%
|
30% (10% Comprensión e 20% para a produción) |
100% |
- Basearémonos fundamentalmente nos exercicios realizados en clase para extraer os exercicios-tipo das distintas probas co fin de que resulten familiares ao alumnado.
- Só se repetirá o exame ao alumno que falte o día marcado previamente, se a ausencia é por motivos de saúde e vén apoiada por un xustificante médico.
- No caso de que o/a alumno/a non acade unha nota positiva nalgunha avaliación, este/a terá a posibilidade de recuperala aprobando a seguinte avaliación.
- Para aprobar a nosa materia, o alumnado terá que acadar unha nota finalmínimade5.
Cada avaliación terá o seguinte valor para o cálculo da nota final:
- A nota da 1ª avaliación contará o 20% , a da 2ª avaliación o 30% e a da 3ª avaliación o 50%.
ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES NO BACHARELATO
1) Os contidos mínimos esixibles para cada curso son os que figuran nesta programación.
2) O alumnado coa nosa materia pendente que non a estea cursando no curso actual realizará unha serie de actividades que lle iremos entregando, recollendo e avaliando ao longo de cada trimestre. No caso de non entregar estas actividades ou de entregalas sen acadar o nivel requerido, o alumno ou alumna terá que presentarse a unha proba final no mes de maio. Os membros do departamento farán o seguimento das entregas e resolverán as posibles dúbidas durante os recreos, posto que xa non dispoñemos da hora de atención a alumnos.
O alumnado coa nosa materia pendente que si a estea cursando no curso actual obterá nela a mesma nota que na primeira e segunda avaliación do curso presente. No caso de non aprobar a segunda avaliación, o departamento facilitaralle actividades para preparar un exame final en maio ao cal se tería que presentar. O seguimento será realizado polo/a profesor/a que lle imparta a materia no curso actual. No caso de aprobar as 3 avaliacións de 2º de Bacharelato, o/a alumno/a acadará a mesma nota final nas 2 materias (1º e 2º de Bach).
En ambos casos, enviaráselles ás familias e aos titores unha notificación con toda a información ao respecto.