Skip to Content

FORMACIÓN EN MEDIACIÓN · XUÑO 2021

Adxunta atoparedes a listaxe do alumnado admitido no curso de mediación que terá lugar os vindeiros luns 28 e martes 29 en horario de mañá e tarde (9h-14h / 16h-19h). Se entregastes a autorización e o voso nome non aparece na listaxe, escribídenos a ies.acachada@edu.xunta.es para ver de resolvelo.

Durante a mañá estaremos na Casa da cultura (parque da Cachada) e pola tarde nas instalacións do instituto. Lembrade traer roupa cómoda, a comida do mediodía (o almorzo de media mañá e a merenda corre a cargo do centro), un vaso reutilizable (protexamos o planeta!) e moitas ganas de pasalo ben e aprender un montón!!

E, por favor, sede moi puntuais!! 


DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE FONDO SOLIDARIO

O alumnado de 1º, 2º e 3º que aprobe todas as materias en xuño devolverá os libros prestados ó realizar a matrícula para o próximo curso entre o 25 de xuño e o 10 de xullo previa cita.

O alumnado de que aprobe todas as materias en xuño devolverá os libros prestados ó recoller o consello orientador entre o 5 e o 9 de xullo de 10:00 a 12:00.

O alumnado que teña que presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro devolverá os libros prestados nese momento precisándose as datas máis adiante.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Como cada ano, nos vindeiros días recibiremos no centro ao futuro alumnado de 1º ESO -que cursa neste momento 6º EP- e ás súas familias. Aquí atoparedes as datas e organización das visitas.

 

ALUMNADO

 

VINDEIRAS DATAS IMPORANTES

DERRADEIRO DÍA LECTIVO · Martes 22 de xuño (horario de mañá e tarde)

 

PREMATRÍCULA 3º ESO

2º > 3º ESO

TODO o alumnado que esté a cursar actualmente 3º ESO DEBE facer a prematrícula telemática.

O prazo vai do 26 de maio ao 6 de xuño

 

FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

No DOG do 20/05/2021 publicouse a ORDE do 6 de maio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que regula para o curso 2021/22:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2020/21).

b) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO.

 

REQUISITOS para poder participar na convocatoria:

Para calquera modalidade (fondo libros ou axudas material) é IMPRESCINDIBLE devolver os libros de texto, de ter sido beneficiario no curso 2020/21. Cando se vaia rematando este curso avisarase do prazo límite para devolvelos agás para o alumnado que teña algunha materia pendente, que poderá quedar co libro correspondente ata que se examine en setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut