Skip to Content

IMPRESOS DE MATRÍCULA

 

Aquí adxuntos, poden atopar os impresos de matrícula para o curso 2022-2023. Estarán tamén dispoñibles no centro educativo, aínda que recomendamos traelos xa impresos e cubertos para así axilizar o proceso e reducir os tempos de espera e contacto.

Para formalizar a matrícula deben presentar DOUS IMPRESOS: o propio da matrícula e outro de autorizacións (é o quinto documento adxunto).

Facilitamos tamén o impreso de ALERTA ESCOLAR, que poden presentar en caso de que a súa filla ou fillo se atopen nos casos descritos polo programa.

Poden atopar igualmente a folla de inscripción na ANPA do noso centro, que recolleremos ao mesmo tempo que a matrícula. Por suposto, a adhesión tamén se pode formalizar a posteriori.

A matrícula NON se pode formalizar ata que se publiquen as notas do presente curso. No IESP A Cachada publicaranse o 27 de xuño. O prazo de matrícula comeza o 23 de xuño, pois os centros de primaria é posible que as fagan públicas antes; deste xeito, o alumnado de 6º que se matricule en 1º ESO pode comezar o propio día 23.

AdxuntoTamaño
ACH_1ESO.pdf193.06 KB
ACH_2ESO.pdf193.11 KB
ACH_3ESO.pdf190.96 KB
ACH_4ESO.pdf191.69 KB
ACH·ED·Autorizacións sobre matrícula.pdf94.86 KB
Alerta_escolar_formulario_sencampos.pdf137.66 KB
FICHA DE SOCIO-ANPA IESP A CACHADA_0.pdf62.89 KB


story | by Dr. Radut