Prezadas familias,
Os vindeiros 13 e 14 de outubro terán lugar as habituais reunións de comezo de curso co profesorado titor das vosas fillas e fillos. Por motivos de espazo -e dentro das medidas sanitarias do protocolo COVID- só poderá acudir un(ha) responsable por alumna/o, a excepción daquelas familias onde as/os responsables non compartan domicilio.
Pregámoslles que no centro observen coidadosamente as medidas sanitarias vixentes (uso de mascarilla obrigatoria, distancias de seguridade, limpeza de mans, etc.) e SE DIRIXAN DIRECTAMENTE Á AULA DE REFERENCIA das súas fillas e fillos.
- 1º ESO (entrada principal, porta da dereita - frechas amarelas) - mércores 13 de outubro ás 19h.
- 2º ESO (entrada principal, porta da esquerda - frechas violetas) - mércores 13 de outubro ás 19h.
- 3º ESO (entrada lateral dereita -cafetería- frechas rosas) - xoves 14 de outubro ás 19h.
- 4º ESO (entrada traseira esquerda- frechas verdes) - xoves 14 de outubro ás 19h.