En marzo do 2023 presentamos unha enquisa ó Claustro para facer unha diagnose moi cualitativa da nosa competencia dixital e valoración do PLE xeral do profesorado da Cachada. Participaron 20 das 28 compañeiras, e estes son os resultados.
A primeira sección de preguntas dá conta do emprego das ferramentas TIC na aula
-
Interactúas co EDI/panel dixital de maneira consistente aproveitando as súas utilidades (subliñador, rotafolios)?
-
Está a túa aula virtual actualizada e presenta unha organización clara e intuitiva?
-
Empregas recursos en liña para fomentar o traballo colaborativo (foros, Padlet) e consolidar os contidos (Quizlet)?
-
Empregas recursos TIC axeitados e pertinentes ó tema que contribúen ó logro dos obxectivos de aprendizaxe?
-
Aproveitas as TIC para ofrecer actividades en distintos soportes (visual, auditivo) atendendo á diversidade na aula?
-
Creas os teus propios materiais adaptados ás necesidades do teu alumnado?
-
Dás información con consignas claras sobre o manexo dos recursos e ferramentas ó alumnado fomentando a autonomía?
-
Sintes que o teu alumnado está familiarizado/a coa aula virtual como ferramenta de cabeceira?
-
Sintes que o teu alumnado está máis motivado/a grazas ós recursos dixitais que empregas?
Cales dirías que son os recursos dixitais que MÁIS motivan ó teu alumnado?
-
Recursos interactivos e grupais, como un kahoot por exemplo
-
Deseño 3D, ChatGPT, programas de simulación, canvas, podcast, Kahoots, Google classroom (comunicación), presentacións
-
Recursos audiovisuais
-
Non destaco ningún. Todos motivan ao alumnado cando non son empregados en exceso e se selecciona o momento de uso na aula
-
Cobos tipo reto
-
Presentacións
-
Vídeos
-
As probas de moodle de uso ilimitado para practicar
-
Actividades interactivas e de escoita e cuestionarios
-
A búsqueda de información no seu mobil, a gamificación relacionada cos contidos
-
Non o sei
-
Redes sociais
-
Kahoots, aplicacións de contador de tempo para aplicar técnicas de gamificación e recursos audiovisuais como vídeos
-
Xogos como Kahoot ou Quizziz
-
Aqueles que impliquen usar o móbil na aula
-
Creo que as que máis os motivan non son as de máis rendemento pedagóxico. En xeral, o que lles interesa é xogar, e non reparan en que exista retorno do aprendido.
Cales dirías que son os recursos dixitais que MENOS motivan ó teu alumnado?
-
Os recursos mais pasivos como vídeos
-
Procesadores de texto e folla de cálculo
-
Os foros
-
A aula virtual, xa que está desfasada, é pouco práctica e intuitiva. A interface, pese a tela personalizada, non resulta atractiva para o alumnado
-
Ficheiros tipo apuntes colgados na aula virtual
-
Cuestionarios en liña
-
Tutoriais
-
As actividades de gramática e vocabulario de libro dixital
-
Os vídeos moi longos, non máis de 10 minutos.
-
Moitos prefiren facer á man os traballos cando teñen a opción de entregalos pola aula virtual
-
A aula virtual
-
Apuntamentos en pdf nunha aula virtual terrible como o é Moodle
O segundo bloque de preguntas ten que ver co Espazo Persoal de Aprendizaxe (PLE): conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza habitualmente para aprender.
Grazas á tecnoloxía, temos acceso a un sinfín de repositorios de información, materiais, aplicacións e comunidades dixitais. O reto actual é identificar cales son realmente útiles para nós, cales son fontes de información fiables, con que ferramentas nos sentimos cómodas traballando e cales comunidades nos proporcionan valor para seguir aprendendo.
Seleccionar estes elementos, concentralos e organizalos nunha mesma imaxe ou documento, pode ser moi útil para ter en conta todos os recursos que persoalmente nos funcionan e mellorar o noso proceso de aprendizaxe.
Para facer a enquisa baseámonos nesta proposta de @appsparaprofes, Andrea Oviedo:
Cales das seguintes ferramentas de BUSCA en internet empregas?
Outro: blogs específicos da materia e repositorio Abalar
Cales das seguintes ferramentas de ORGANIZACIÓN de contidos empregas?
Outro: Evernote
Cales das seguintes ferramentas de COLABORACIÓN de contidos empregas?
Cales das seguintes ferramentas de CREACIÓN de contidos empregas?
Outro: Banco preguntas Moodle
Cales das seguintes ferramentas de PUBLICACIÓN de contidos empregas?
Cales das seguintes ferramentas de COMUNICACIÓN empregas?
Outras: Twitch, Slack, Abalar
Cales das seguintes ferramentas de XESTIÓN DE AULA empregas?
Outras: Empregaría outras de ter a autorización de inspección para o seu uso na aula, Additio