Skip to Content

O Recuncho dos Parabéns

Este foi un curso intenso en competicións de Tecnoloxía. Este ano, dos dous equipos que presentamos a Desafío STEM, o equipo "Breaking Projects", quedou finalista dentro da categoría "Industria Local" co seu proxecto NEMO I. Un ROV que pode medir temperatura, luminosidade e gravar imaxes debaixo da auga do mar con aplicacións na industria bateeira e na reparacións de cascos dos barcos.

O equipo estivo formado polos alumnos de primeiro de bacharelato: Javier Mariño, Álex Rey, Mario Esperón, Pablo López, Adrián Rial e Yeray García. Aqui tedes o video que presentaron á fase final da competición:

 

"Desafío STEM" é un concurso interescolar nacional que pretende fomentar o aumento de vocacións en competencias STEM, siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas. Este proxecto foi completado cun estudo de mercado feito polos alumnos de 4º de ESO na materia de "Obradoiro de iniciativas emprendedoiras"

Aqui tedes unha foto dos dous grupos co ROV:

 

 

 Pola nosa clasificación, entrevistáronnos na Voz de Galicia: neste artigo

Se queredes ver a historia deste equipo e o que tiveron que facer neste concurso consultade o seguinte blog:

Tecnoabasella EduROVs

 

Desde este recuncho queremos enviarlle os nosos parabéns ao alumno de cuarto de ESO Cibrán Leal Fernández polos seus méritos deportivos a nivel nacional no eido da natación, logrados co clube Galaico Pontevedra, e animalo a seguir colleitando máis éxitos. Mencionar tamén o acto de homenaxe celebrado no concello de Vilanova onde lle foi entregada unha placa a este xoven deportista vilanovés, poderíamos dicir que neste caso “Cibrán é profeta na súa terra”.

Parabéns a Ricardo Ramos Suárez (1º bach B),  Irene Castro Núñez (1º bach B),  Francisco J. Cardama Santiago (1º bach A) e Pablo García García (3º ESO A) polos magníficos resultados acadados no Campeonato de España 2016 de KENPO, celebrado en Blanes (Girona). Trouxeron para casa as seguintes medallas:
-Fran: bronce en combate continuo
-Ricardo:ouro en combate ó punto,  prata en combate continuo, prata en kata de equipos e bronce en kata de man baleira.
-Irene: prata en kata de man baleira, prata en armas, prata en kata de equipos e bronce en defensa persoal.
-Pablo: ouro en armas, prata en combate continuo, prata en combate ó punto e prata en kata de man baleira.

 

O noso apreciado alumno Javier Saborido Teira lofgrou o premio da ESO ao esforzo e á superación persoal. Sentimos o orgullo de saber que unha dura loita obtivo a merecida recompensa.

Javier, desexamoste moita sorte no teu camiño e esperamos que este premio sexa o motor que te axude a seguir loitando e a superar obstáculos que poidan presentarse

Noraboa!!

Preme na imaxe para ver a nova no telexornal

Os alumnos do IES A Basella de Vilanova de Arousa Javier Mariño Villadamigo (1º bach A), autor de "Odisea" e Miriam Rodríguez Somoza (1º bach B), autora de "Océano",  figuran entre os catro nominados, na categoría de menores de 16 anos, ao 2º premio do concurso de microrrelatos “Primeiro as persoas, despois as fronteiras” organizado por AMNISTÍA INTERNACIONAL (Vigo). Coñecerase o gañador ou gañadora nun acto a celebrar o día 31 de marzo na Fundación Abanca de Vigo. Moita sorte e parabéns aos dous! O noso recoñecemento para tod@s @s partícipes. Podedes ler os seus textos premendo na seguinte imaxe:

Parabéns ás alumnas Carolina Baúlo, Alicia Gonçalves, María Pérez (equipo MACA) de 2º de bacharelato e aos alumnos Laura Castrelo, Iván Nogueira e Alba Santos (equipo CRIM) de 1º bacharelato, participantes na final nacional do concurso Young Business Talents, e gañadores da súa simulación, polo que obtiveron un premio de 400 euros cada equipo.

YBT é un simulador empresarial online, no que cada equipo ten que xestionar a súa empresa, tomando decisións sobre produción, prezos, recursos humanos, salarios, marketing, publicidade, etc. Trátase dun concurso que se iniciou no mes de novembro, con mais de 7500 alumnos e 458 centros participantes, no que se toman decisións semanalmente e vanse superando etapas, ata chegar á final nacional que tivo lugar no Palacio Duques de Pastrana en Madrid o pasado 24 de abril.

Nesta final compiten os 100 mellores equipos de España (16 deles galegos), dous deles, xunto coa sua profesora Esther Vázquez, representaron ao IES A Basella nesta final, obtendo un gran resultado.

Foi unha gran experiencia, na que botamos de menos ao resto dos equipos da Basella que participaron con tanto entusiasmo no concurso desde o primeiro día, experiencia que nos motiva e ilusiona para que o vindeiro ano o IES A Basella esté representado de novo na final nacional do YBT.

Preme na seguinte imaxe para ver as fotos da competición:

  

 

Queres saber máis sobre o evento? Aquí tés algunhas ligazóns:

  • 350 alumnos se disputan hoy la final de la IV edición nacional de Young Business Talents (Noticia y vídeo Europapress). (Vïdeo 2 Europapress)

logo

Dende aquí deseamoslle a Jose Antonio Vázquez Millán (2º Bach) e Belén Paz Allo (1º Bach) moitos parabéns por conseguir o 1º e 3º premio (compartido co 4ª finalista), no Concurso de microrrelatos convocado por Amnistía Internacional co lema "O meu corpo, os meus dereitos". Moi pronto poderemos ler os seus microrrelatos na nosa revista
 
Gañadores
 
 
Se queredes ver máis fotos do acto de entrega, preme na seguintr ligazón: Acto de entrega

15/03/2015

Temos unha nova sección na páxina web. Inauguramos esta nova sección felicitando aos nosos alumnos Cibrán Leal Fernández (3º ESO A) e Lucas Abal Cores (2º Bach A) polos seus logros en natación e xadrez respectivamente.

 

natacion   

13/07/2008

O alumno de 3º ESO Juan Ramón Bayón, logrou a medalla de ouro na Copa do Mundo de Maratón de piragüismo, no seguinte enlace accederás á noticia completa:

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/07/13/0003_6981400.htm

Distribuir contido


by Dr. Radut