Skip to Content

Normalización Lingüística

O pasado xoves, a rapazada e profesorado do IES A Basella celebramos o noso día do xeito máis acaído posible: con música de gaita, tambor e pandeireta ademais de baile. Agradecemos ó profesorado e alumnado participante a súa colaboración e moi especialmente a Lidia Barreiro, responsable do Departamento de Dinamización Lingüística e a Xoan Carlos Gantes, profesor de E. Física todo o traballo previo a esta celebración.

 

O xoves 19 de decembro os grupos de 1° de ESO do IES a Basella de Vilanova de Arousa visitaron o Museo de Pontevedra, acompañados das profesoras de Educación Plástica e Xeografía e historia, alí dirixidos por dos guías do museo fixeron un percorrido polas salas dedicadas á prehistoria e historia antigua de Galicia co material didáctico proporcionado polo propio museo. Partindo de vestixios datados no Paleolítico inferior, os rapaces e rapazas foron descubrindo os cambios que tiveron lugar ao longo da prehistoria galega ata chegar ao proceso de romanización. A visita foi todo un éxito, foi unha actividade didáctica e ao mesmo tempo lúdica,  ao ser eles os protagonistas no proceso de descubrimento e facer unha posta en común onde participaron activamente.

 

 

Desde este curso, a revista escolar do noso centro, A Batea, ten unha nova sección de entrevistas gravadas en vídeo. Estreámola co Presidente da Asociación Astronómica das Rías Baixas, Pancho Novoa, que veu dar unha charla sobre a orixe do Sistema Solar. A nosa reporteiras, Carmen e Aitana, aproveitaron para facerlle unha entrevista.

Premede na imaxe para ir á canle de vídeo da Batea.

 

#novembromesdaciencia

Desde hoxe podes ter nas túas mans o número 17 da revista "A Batea". A que esperas?

 Tamén a podes consultar na web nesta ligazón

Co gallo da celebración do día da Ciencia en Galego, o alumnado de primeiro da ESO competiu en Kahoot sobre os seus coñecementos de Ciencia. Parabéns aos gañadores.

Se premedes na seguinte foto poderedes ver todo o álbum

 

 Xa temos o número 15 da Batea. Botádelle unha ollada, encontraredes moitas cousas interesantes...

As actividades relacionadas co día das Letras Galegas non paran de sucederse no noso centro, tras a exitosa campaña nas redes sociais, este mércores os máis pequenos correron pola lingua. Se pulsades nas imaxes poderedes ver o álbum de fotos no noso blogue  basellafala e os  tuits da campaña en  twitter

Ah! Non esquezades pasar polo noso blogue  bibliobasella se queredes máis detalles:

 

#eucorropolalingua

 

#euleoengalego

 

Animámosvos a participar no noso "Pasapalabra" programado en Scratch, a ver cantas preguntas acertas sobre as mulleres que tiveron un papel relevante en disciplinas STEM. Antes, buscade todas as respostas no corredor que conduce ata a aula de Tecnoloxía na exposición sobre mulleres STEM (Science Technology Engeneering Mathematics) feita polos alumnos de 4º ESO TIC e traducida ao inglés polos alumnos de 1º de Bacharelato.
 
 
Temos unha pequena axuda no instituo, pasa pola exposición de mulleres STEM feita polos alumnos de TIC de 4º de ESO e traducida ao inglés polos alumnos de 1º de Bacharelato...

  Ou se o prefires consulta as fichas das mulleres STEM, están dispoñibles en galego e en inglés. Preme aquí

 

 

Este foi un curso produtivo, despois do traballo, moitas suores e algúns nervios, conseguimos sacar o número 13 da batea. Botádelle unha ollada  

Parabéns ás dúas alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro (Noelia Feijoo e Ruth Vidal), premiadas no XXII Certame de Adhesivos que convoca a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística da Comarca do Salnés da que formamos parte.

Celebraremos o vindeiro 7 de Abril o acto de entrega de premios deste certame no noso centro e contaremos coa actuación do Discurshow e o espectáculo MatematicaMENTE.

Estades todos/as convidados/as á celebración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut