Skip to Content

Matemáticas

Vistes o ben que nos explican os alumnos de matemáticas os retos que lles propón o seu profesor? A continuación presentamos a canle de matemáticas do profe Fernando Cáceres. Poderedes ver como os alumnos explican problemas de criptografía, álxebra, teoría de números...

Fai click aquí se queres ver o canle

 

Desde esta páxina queremos felicitar ao noso alumno, Manuel Paz Núñez de 4º de ESO, por terminar o programa do Estalmat- Pi na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago (USC).

Estalmat Pi é un programa anual que se lle ofrece ao alumnado que remata os dous primeiros cursos de ESTALMAT-Galicia (Programa para o ESTímulo do TALento MATemático) para que non perda o contacto e a afección polas matemáticas.

 

Os 25 alumnos da promoción 2015 e as súas familias participaron na despedida de Estalmat Pi-Galicia, un acto no que Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, ofreceu unha charla sobre a actualidade das matemáticas. Os mozos recibiron os seus diplomas.

Moitos parabéns, Manuel. Segue progresando con toda a ilusión no fascinante mundo das matemáticas.

 

Os, xa exalumnos, do IES A Basella, Fran Cardama e Álvaro Goldar quedaron semifinalistas na categoría L (modalidade animación) da convocatoria 2017 de CienciaClip co vídeo sobre as orixes do número Pi que presentaron o curso pasado.
Moitos Parabéns, rapaces!

 Se queredes ver os vídeos gañadores premede na imaxe

 

O pasado 27 de abril, no IES A Xunqueira I de Pontevedra, celebrouse a primeira proba da Olimpíada Matemática 2017. A devandita proba, estaba orientada aos alumnos de 2º de ESO que dispoñían de 2 horas para facela. Os alumnos tiveron que resolver 5 problemas de lóxica matemática.

O noso centro, estivo representado polos alumnos Miguel Fernando Rocha Silva, Carla Fernández Bóveda, Luís Igrexas Fandiño e Adrián Martínez Romeu.

A organización foi moi boa e os nosos alumnos puideron vivir a experiencia de realizar unha proba externa ao centro. Os primeiros participantes do IES A BASELLA saíron do exame despois dunha hora e media de comenzala (Carla e Miguel) e 15 minutos máis tarde remataron Luís e Adrian. Saíron contentos porque puideron desenvolver os 5 problemas expostos

Os nosos alumnos foron preparados durante o curso, en horario extraescolar, polo profesor de Matemáticas Fernando Cáceres Gil. Desexamos moita sorte aos nosos alumnos.

Premede na seguinte imaxe para ver as fotos do evento:

Este ano convocouse O Primeiro Concurso de Fotografía de Ciencias no IES A Basella, a pesar da selecta participación, o resultados foron sorprendentes. Picade neste enderezo para ver a galería

Photo

Este curso fixemos unha acción puntual para determinar o radio da Terra coa colaboración do o IES Tegueste en Tenerife.

Se queredes saber como medimos o radio da Terra premede na seguinte imaxe

 

eratostenes

Neste apartado irei inserindo diferentes boletíns de exercicios da materia Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I correspondente ó curso 1º BAC.

Ó mesmo tempo que cada boletín de exercicios tamén subirei as súas solucións. O voso traballo consistirá en ir facendo os exercicios e só cando os teñades acabados deberedes comprobar as solucións. Se tedes calquera duda preguntadema en canto me vexades, e se detectáchedes algún erro comunicádemo tamén para que o corrixa canto antes.

Veña, a practicar ás matemáticas, que inda que non o digades sei que vos resulta entretido. 

Distribuir contido


by Dr. Radut