Skip to Content

Erasmus +

O luns 17 de xuño, o noso IES participou nun evento multiplicador para clausurar o proxecto Erasmus+ KA220 DISAT, enfocado na creación de espazos inclusivos nos centros educativos do territorio da Unión Europea.

A xornada organizada polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra contou coa participación dos centros educativos galegos socios do proxecto (CEE de Pontevedra, CEIP Plurilingüe As Covas-Meaño, IES A Basella de Vilanova de Arousa e o CIFP Montecelo) xunto cos socios europeos (Agrupamento de Escolas do Barreiro de Portugal, IC Carducci Gramsci de Italia, e Oz-De-Bir Ozel Egitim Uygulama Okulu 1. Kademe de Turquía) nunha mesa redonda internacional onde os participantes compartiron as súas experiencias e reflexionaron sobre o impacto do proxecto DISAT nos seus respectivos centros.

 

 

 

 

Durante a semana do 20 ao 25 de maio ten lugar en Turquía a reunión transnacional do proxecto Erasmus+ KA220 DISAT coordinado polo CFR de Pontevedra na que elaborarase a guía do proxecto conxunto cos socios CEE Pontevedra, CIFP Montecelo, IES A Basella, CEIP plurilingüe Meaño-As Covas, IC Carducci Gramsci, Agrupamento de Escolas do Barreiro e ÖZ-DE-BIR Özel Egitm Uygulama Okulu 1 Kademe.

 

As nosas profesoras Susana e Celia asisten con compañeiros do CFR de Pontevedra, IES Montecelo, CEE Pontevedra, CEIP Plurilingüe Meaño-As Covas a un curso en Viseu "Inclusive spaces and inclusive schools".

Está a ser unha visita proveitosa da que seguro virán con ideas para aplicar no noso centro.

Explicacións propostas

 

Durante esta semana, Susana Vázquez e Rocío Pérez, dúas profesoras do instituto participan nun curso de formaciòn de inglés en Malta. O curso está incluído dentro das actividades do proxecto Erasmus: "Designing inclusive spaces at school", no que participa o IES A Basella xunto con outros centros de Galicia, Portugal, Italia e Turquía.
 
 
 

Aquí está a presentación en inglés do noso centro e os seus proxectos educativos. Queremos agradecen como se merece o traballo e colaboración do alumnado, profesorado e persoal do centro. É un luxo contar con eles.

P.D: non vos perdades o excelente inglés dos participantes no vídeo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut