Skip to Content

Novembro, mes da Ciencia en galego.

Esta semana foi moi interesante. Estivo repleta de actividades relacionadas coa Ciencia, xa que novembro é o mes da ciencia en galego. Tivemos charlas e exposicións de experimentos.

EXPOSICIÓN DE EXPERIMENTOS

O martes pola tarde, os membros de cuarto e primeiro de bacharelato do club de ciencias fixeron unha exposición de experimentos onde puideron explicar aos seus compañeiros de 1º e 2º de ESO, como é unha célula vexetal,  distintos fenómenos físicos como a fluorescencia, como illar ADN ou como acender unha calculadora construíndo unha pila de limóns.

Queredes ver todos os experimentos? Seguide a conta de instagram do club de ciencias do IES A Basella

CHARLA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: POLICÍA CIENTÍFICA

Ademáis, parte do alumnado de Bacharelato con materias de ciencias, tivo a oportunidade de asistir ás charlas do Departamento de Bioloxía, organizadas pola profe Ángela Morales. O encargado da exposición foi Luis Hombreiro, inspector xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía, Doutor en Bioquímica.

Dúas foron as cuestións principais que tratou:

- Ciencias Forenses: finalidade é áreas de especialidade (xenética forense, identificación biométrica, informática forense, etc).
- Organización da policía científica en España (acceso ás especialidades)

Seguro que o alumnado interesado tomou boa nota!

Moitas grazas por todo! 


#clubdeciencias #orientaciónprofesional



page | by Dr. Radut