Skip to Content

Recursos TIC familias

 

Na seguinte infografía tedes  videotutoriais que vos axudarán a utilizar os recursos TICs dispoñibles para comunicarvos e seguir a aprendizaxe dos vosos fillos.

Os relacionados coa aprendizaxe (aulas virtuais, EVA  edixgal,...) introducímolos en 1º e 2º de ESO  ao comezar o curso e están sempre dispoñibles por se os alumnos teñen algunha dúbida

 

 

En resumo, os recursos máis importantes son: 

  • Abalar móbil: Comunicación co profesorado e seguimento académico (faltas e notas) dos seus fillos

Guia de uso Abalar móbil (pdf)

Para utilizar esta aplicación só é necesario dispor dun teléfono móbil con conexión de datos e descargar a app.  A aplicación está dispoñible para os sistemas operativos Android, desde a Play Store e para os IOS, a través da Apple Store.

As familias poiden consultar de xeito moi sinxelo desde o seu dispositivo móbil:

  • Os datos persoais dos seus fillos
  • As cualificacións
  • As faltas de asistencia
  • As faltas de conduta  
  • Os datos do centro educativo
  • Os avisos ou notificacións
  • As incidencias
  • Modificar o idioma da aplicación 

 

  • Espazo Abalar: Comunicación co profesorado e seguimento académico (faltas e notas) dos seus fillos

As familias, as persoas responsables ou titoras do/da alumno/a tamén poden acceder ao Portal Abalar por medio do DNI electrónico ou do Certificado Dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Poden consultar estes datos sobre o/a  seu/súa  fillo/a :                   

  • As cualificacións  por avaliación  do curso actual
  • As faltas de asistencia do curso actual
  • As faltas de conducta do curso actual
  • Os  datos de contacto que figuran na Consellería e modificalos se non son correctos.
  • O historial de escolarización.
  • Os servizos complementarios que usa (comedor, transporte escolar)
  • O calendario académico do seu centro de ensino.
  • As citas de titoría individuais , modificalas ou concertar unha nova cita.
  • As notificacións de titoría sobre posibles incidencias.
  • As notificacións de titoría dirixidas ao grupo.
  1. Video titorial: como obter e utilizar o DNI electrónico
  2. Video titorial: como obter e utilizar o Certificado Dixital 

 

  •  Proxecto edixgal: equipamiento do alumnado

Desde o curso 2018/19 o noso centro está dentro do proxecto E-Dixgal. Profesorado e alumnado de 1º e 2º de ESO desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que permite acceder a contidos dixitais.

Todo o alumnado participante (1º e 2º de ESO) dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (ambos modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións, e características e prestacións similares), que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta.

Estes equipos poden ser empregados como portátil ou como tableta, son táctiles e traen integradas un amplo conxunto de aplicacións educativas agrupadas por categorías como imaxes en 3D de planetas, táboa periódica ou editor de moléculas para ciencias; dicionarios para as materias de lingua; apps de experimentos e circuitos eléctricos para física ou de operacións e gráficas para matemáticas, entre outras. Dende o equipo pódese acceder ao entorno virtual de aprendizaxe (EVA), tanto en modo conectado (on-line), como en modo sen conexión (a través do cliente off-line instalado no equipo).

 

 

 

 



page | by Dr. Radut