O noso proxecto ANOCA nos xornais
Este proxecto ANOCA é o que máis veces nos levou, polo de agora, á prensa escrita.
Comezou no curso 2008-2009 no que fomos dar charlas a varios institutos da provincia da Coruña. A primeira aparición correspóndese coa saída ao IES Francisco Aguiar (Betanzos), aínda que a primeira charla foi no IES de Curtis.
No curso 2009-2010 ampliamos o proxecto cunha segunda fase na que alumnos de institutos podían presentar un traballo e vir á nosa escola a expoñelo. Nesta ocasión compartiron connosco unha xornada un grupo de alumnas do IES de Melide.
Tamén, no curso 2009-2010, apareceu unha nova modalidade de charla. Desde o IES de Pastoriza presentáronnos a posibilidade de participar conxuntamente coa Garda Civil (os integrantes do Plan Director da convivencia e mellora da seguridade escolar) e coa asociación Aclad. Este curso, 2010-2011, xa tivemos unha charla desta modalidade no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo, da que podedes atopar algunha noticia en prensa.