DEPARTAMENTO DE COMUNICACION
Impartimos clases na E.S.A. (Educación Secundaria para Adultos) na modalidade presencial e semi-presencial. E desde o curso 2012/2013 impartimos bacharelato na modalidade semi-presencial e dentro das ensinanzas básicas tamén impartimos Galego/Castelán para inmigrantes.
Ademais, levamos a coordinación de linguas e participamos activamente noutros proxectos e actividades do centro.
E.S.A.
O Ámbito de Comunicación na E.S.A. engloba tres linguas: lingua galega, lingua castelá e lingua inglesa. Para impartir este ámbito os especialistas tomaron como marco de referencia os bloques de contidos marcados pola Consellería de Educación, adaptados segundo a nosa realidade, e que poden ser consultados na páxina da Xunta ao igual que as programacións de linguas e literaturas para o bacharelato na modalidade semi-presencial.
O alumnado adulto, en horario de 9 a 13 de lins a xoves, pode obter o título de Graduado en Secundaria en dous cursos escolares xa que na primeira parte do curso impártense os ámbitos correspondentes a Primeiro e Terceiro e partir de febreiro impártense os ámbitos de Segundo e Cuarto.
O reparto horario semanal das linguas é de catro sesións de 45 minutos para lingua galega e castelá e dúas sesións para lingua inglesa.
Na modalidade de semi-presencial o alumnado asiste a clase todos os venres de 9 a 13..
BACHARELATO
Ao non existir departamentos de bacharelato, asígnanse a este departamento as materias referidas a linguas e a literatura. O programa que se segue é o marcado na páxina da Xunta .