Saída Educativa a unha explotación agrícola ecolóxica
Enviado por Anónimo o Xov, 23/05/2013 - 23:51
22/05/2013 00:00
22/05/2013 17:30
Etc/GMT+1
Este Mércores 22 de Maio de 2013 realizouse unha saída educativa con parte dos alumnos do EPAPU a unha explotación agrícola ecolóxica sita en Teixeiro. A saída realizouse facendo unha ruta a pé seguindo parte do Camiño de Santiago que pasa por Paradela e Teixeiro. Esta saída está contemplada dentro da programación do Departamento Científico-Tecnolóxico, axustándose as directrices do proxecto europeo Foodprint.eu que coordina este EPAPU. Na ruta percorreuse unha distancia de algo mais de 9 km. Na explotación viron as distintas fases do proceso de produción, así como as instalacións e útiles precisos.