DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Fernanda Arrojo Novoa, traballadora social e membro da asociación AUXILIA-Lugo, visitará o noso centro este venres 8 de marzo para charlar sobre a súa visión da muller como muller traballadora e como persoa cunha discapacidade. Estará acompañada por Estrella Martínez Villalta, traballadora social da asociación Auxilia-Lugo.
Auxilia é unha asociación de voluntariado para a integración cultural e social de persoas con discapacidade física.