PROXECTO EUROPEO GRUNDTVIG APROBADO

                  Somos coordinadores do proxecto Grundtvig no que participarán,Bélxica, Finlandia, Portugal, Estonia, Grecia, Turquía, Romanía e Polonia, durante os dous próximos cursos escolares. A continuación ofrecemos un resumo (trátase dunha tradución do inglés-lingua do proxecto-é dicir, que hai un límite de palabras no formulario polo que desculpedes de antemán).

 

                                                RESUMO

 

Un grupo de institucións con metas e valores ecolóxicos e sociais comúns xuntáronse para crear un proxecto innovador, Pegada-dos-alimentos.eu, baseado no recurso dos alimentos, como patrimonio europeo, para crear unha cidadanía activa que inclúa a todos/as, cara a un futuro europeo sostible. A nosa intención e reforzar dentro do noso currículo as boas prácticas de produción e consumo recorrendo ás tradicións combinadas con técnicas punteiras e compartindo os mellores usos dos proxectos que temos en marcha mentres que sempre teremos en conta a aqueles/as na situación máis elevada de risco de exclusión social e permitindo que os/as xoves e os seus maiores, nun contexto multi-cultural, intercambien tradición polas últimas innovacións. Cada socio ofrecerá input sobre o procesamento de produtos rexionais e métodos biolóxicos de produción ademais de coñecementos sobre aforro enerxético, conservación de alimentos, consumo (mercar/comer) intelixente e san e o valor da vida rural e das tradicións. A mellora da lingua específica e técnica (inglés) relacionada cos alimentos, será adquirida tanto polos profesores/formadores como polo alumnado ao longo de todo o proxecto. Un documental, narrado nas linguas de todos os participantes máis inglés, será gravado. Coñecer, producir, mercar, cociñar, catar…subido á rede para o beneficio de todos/as ademais dunha base de datos con receitas e produtos. Outro produto, que os pode incluír a todos, é a creación dunha páxina web/blog no que se poderá acceder a un PDF de contos sobre alimentos, cancións e proverbios e un dicionario multi-lingüe e específico de alimentos. Celebrarase unha orixinal feira europea Foodprint e as nosas boas prácticas espallaranse a través de todos os nosos produtos e especialmente durante a nosa última feira en España cando temos a intención de ter convencida á prensa europea para cubrir un evento que terá lugar dentro dor muros dunha prisión por primeira vez.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer