Saltar navegación.


Inicio   |   O Centro   |   Secretaría   |   Horarios   |   Aula Mentor   |   Aula Virtual   |   Contacto

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024: Sorteo público membros da xunta electoral

Eleccións ao Consello Escolar 2024.

Segundo o disposto no Art. 30 do Decreto 92/1988 (conforme ao establecido nas diposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de Xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos)

O Venres 18 de outubro de 2024 ás 10:45h na AULA MENTOR celebrarase o SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL.

Prazos de matrícula curso 2024-25

Premer aquí para ver os prazos de matrícula.

Documentación :

BACHARELATO - premer aquí.

ESA - premer aquí.

EBI (Ensinanzas Básicas iniciais): premer aquí.

Castelán e Galego para inmigrantes e obradoiros: fotocopia do DNI, NIE e 1 foto tamaño carné con nome e apelidos por detrás).

 

ORIENTALINE: ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

 

O programa Orientaline de Orientación Académica e Profesional. Contén información sobre estudios de FP, Graos Universitarios e outros estudios a realizar.

Podes visionar videos dos distintos estudios, ver a inserción profesional dos mesmos, notas de corte.

Para que poidas consultar en calquer momento e poñerte ao día dos estudios segundo as túas preferencias.

Podes acceder a Orientaline dende o blog de orientacion de epaferrol ou empregando seguinte ligazón: https://elorienta.com/epacaranza

Cursos de capacitación dixital 2024-25

CURSO NIVEL INTERMEDIO - QUENDA DE MAÑÁ
Comezo das clases: LUNS 16 de setembro
Luns e xoves de 10 a 12:30
Profesor: Lois Rodríguez
 
CURSO NIVEL BÁSICO - QUENDA DE TARDE
Comezo das clases:  LUNS 23 de setembro
Luns e xoves de 16:30 a 19:00
Profesora: Montse Dopico
 
 

Comezo da actividade lectiva curso 2024-25

ENSINANZAS EN QUENDA DE MAÑÁ : MÉRCORES 11 DE SETEMBRO ás 10:00
 
1º e 2º de bacharelato semipresencial
ESA presencial
ESA semipresencial
EBI (ensinanzas básicas iniciais)
 
ENSINANZAS EN QUENDA DE TARDE: XOVES 12 SETEMBRO ás 16:30
 
ESA semipresencial
1º e 2º de bacharelato semipresencial

Convocatoria de bolsas de estudo MEC curso 2024/2025

Prema AQUÍ para acceder á información.

abalarMóbil

As cualificacións publicaranse a través de Abalar.

Ademais realizaranse outro tipo de comunicacións e darase acceso a información do centro a través da súa aplicación para dispositivos móbiles.

Na seguinte ligazón tedes acceso a toda a información para descargar no móbil a aplicación abalarMóbil, así como guía de usuario e resposta ás preguntas máis frecuentes para poder utilizar de xeito doado a aplicación: AbalarMóbil.

 

Plan Proxecta+ "Salvavidas"

Traballos realizados polos alumnos de ESA Presencial do centro

 

Salvavidas
Distribuir contido