Skip to Content

bloque-estilos

Probas libres do graduado en ESO - Convocatoria maio 2021

Versión para impresoraVersión para impresora
Información xeral
Convocatoria DOG
Ligazón á solicitude de inscrición
Probas de convocatorias anteriores
 
Datas e listaxes da convocatoria de maio
Data e hora da proba Venres 21 maio, 8:30 (Ámbito Científico-Tecnolóxico)
Prazo e hora de matrícula Do luns 8 ao xoves 18 de marzo
Data de publicación das listaxes provisionais Xoves 8 abril
Listaxe provisional de persoas admitidas
Listaxe provisional de persoas excluídas
Listaxe provisional de persoas exentas de galego
Prazo de reclamación ás listaxes provisionais Do venres 9 ao martes 13 abril
Data de publicación das listaxes definitivas Mércores 14 abril
Listaxe definitiva de persoas admitidas
Listaxe definitiva de persoas excluídas
Listaxe definitiva de persoas exentas de galego
Data de publicación  da listaxe provisional de cualificacións Xoves 3 xuño

Listaxe provisional de cualificacións

Consulta das probas e respostas da convocatoria de maio 2021

Prazo de reclamacións ás cualificacións provisionais Do xoves 3 ao mércores 9 xuño
Formulario de reclamación 
Data de publicacións da listaxe definitiva de cualificacións Venres 11 xuño
 Listaxe definitiva de cualificacións NOVO
Horario da proba
8.30-9:30 - Chamamento dos aspirantes
9:30-12:00 - Ámbito Científico-Tecnolóxico
12:15-13:15 - Ámbito Social
16:00-19:00 - Ámbito de Comunicación
 

 

Requisitos para poder presentarse á proba
Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba. Non estaren en posesión do título de graduado en Educación Secundaria
Non estaren nin teren estado matriculados no curso 2020/21 nas ensinanzas da ESO ou FP Básica
No caso de alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na ESA, poderá  inscribirse sempre e cando cumpra as seguintes condicións:
  • Solicitar a baixa na convocatoria extraordinaria do primeiro cuadrimestre.
  • Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa na convocatoria extraordinaria do segundo cuadrimestre (setembro).

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 
Exención de galego

Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria.

As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro, segundo o establecido no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia.

 

Observacións importantes

O alumnado non poderá acceder á aula con teléfono móbil, smartwatch nin ningún outro dispositivo electrónico activado. No caso dos reloxos intelixentes non se permitirá a súa utilización como un reloxo convencional. En caso de dúbida, o tribunal poderá revisar a calculadora para a súa valoración. Deberán manterse despexados os pavillóns auditivos para comprobación, sen molestias, de que non leva dispositivos non autorizados.

O incumplimento destas normas poderá levar á expulsión do alumno/a da aula, cualificación do exame con 0 ou anulación total da proba.

Deberase cumprir o protocolo COVID-19 do EPAPU Albeiros que se pode consultar no seguinte enlace.



page | by Dr. Radut